quinta-feira, dezembro 28, 2006

A BOUT DE SOUFFLE

Durmir é triste... porque nos obriga a estar forzosamente separados; fálase de durmir xuntos... mais non é certo.

Patricia Franchini

quarta-feira, dezembro 27, 2006

LUMINOSIDADE

Vertixe, resplandor, luminosidade, verticalidade... A pel acesa (só con que roces o meu ouvido)... Folerpas onde me deixo caer... E déixome ir... e vou esvarando cara a ti... outra vez... outra vez... Porque nacen flores brancas nos meus seos, porque escorregan as caracolas polo meu corpo na túa presenza... Porque as túas palabras xacen nas cuncas das miñas mans... e bebo delas, refréscome na súa auga... Porque os teus sorrisos son estrelas mariñas... Porque es a presenza turbadora, o revolver no fondo, o manancial fresquísimo, o cervo que remexe... Porque es a fantástica luminosidade de día resplandecente e belo... Porque es a felicidade intensa... a rapidez do torrente, o esvarar do río, o rexurdir de socato... Porque es elevarme ata as nubes e descender ós subterráneos... Porque ás veces penso se terás a miña vida na arca das túas mans delgadas, atraentes, lixeiras e tersas como bambús, resistentes e belas coma vimbios... Porque es un pouquiño meu, un anaquiño do meu eido, o fiúncho da mañá, o orballo da primavera... Porque morro e renazo, porque es a terra abrasadora, a humidade das brañas, as montañas sinuosas, o vieiro sen final... Porque devezo pola caricia da túa cara, a tersura dos teus cabelos, a lixeira humidade dos teus beizos (bolboretas abismais...)... Porque ansío a túa voz doce e aveludada, áspera e esguía... (que se arrastra) ... Porque preciso do teu espazo para abalarme no acougo... Porque cando me achegas a ti é elevarse de socato... Porque só á túa beira son quen de ollar este intenso resplandor...

sábado, dezembro 23, 2006

VIVIR A SÚA VIDA

Vivre sa vie...
Cantos decembros imaxinando potatos xigantes, neves da escola e pasteliños de cenoria... vivindo das rendas do pasado ou repetindo circulares costumes de abelás. Vestindo un enormísimo abrigo de coco (monstriña das galletas), e xogando a crer contos de nadal, panxoliñas de frío e aromas de estación. Debedes saber, queridos amigos dos fraguel, dandis naif de gabán branco e exquisitos habitantes da ponte esfera... que a culpa sempre foi vosa... De socato atopei na nenez a filosofía do presente; vivre sa vie, vivre sa vie... da euforia atoparte na melancolía (e revisitar de novo a grandilocuencia)... o non-sense (e a bela non-dormente), as horas sen comer, as gominolas (la cosa piu bela ho visto en vita mia)... o encantador de serpes, o pastor das illas b., o bailarín xitano, un espidifen 600 ;D ... e vivre sa vie, vivre sa vie...

Morte ao amor posmoderno.

quinta-feira, dezembro 21, 2006

CHRISTMAS IS COMING

terça-feira, dezembro 12, 2006

GET ON YOUR KNEES




A verdade é máis profunda ca un xogo de imaxes.

sábado, dezembro 02, 2006

A CASA DA MARIQUINHAS

Foi no domingo passado que passei, á casa onde viveu a Mariquinhas. Mas está tudo tão mudado que não vi em nenhum lado as tais janelas que tinham tabuinhas. Do rés-do-chao ao telhado não vi nada nada nada, que pudesse recordar-me a Mariquinhas...


Boto de menos vivir na casa da Mariquinhas...


(contar lúas e invernar leitugas...)