segunda-feira, setembro 05, 2005

MORRE O VERÁN


Desaparece a tardiña de pastas e té á beira do Támesis... Alicia medra a través de vimbios, follaxe profunda, verde de chisteira, cerámica curvilínea, vidro azul mariño... Na estancia un anaquiño de ceo para lamber, se chove un paraugas cuadriculado, voluptuoso... E botas de goma para ser peón sobre a pedra numerada.
(chegar a casa, oír a choiva viaxar, comer galletas -tres- sobre leite oceánico...) Louis Armstrong bebe neve de Belvís.

1 Comments:

Blogger Laurindinha said...

Home nevar nevar non, pero Brais díxome un día que cando chegase o Nadal ía poñer It´s a wonderful world e ía ver as hortas que se vían pola ventá da cociña, que ían estar todas co resío da noite, case brancas. Dende ese día imaxino que Louis Armstrong vivía con vos en Belvís, e que bebía neve, como non.
E agora pregúntome eu: como é que pode haber pantasmas en San Pedro, e non pode haber neve en Belvís?... cousas peores se viron.

9:10 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home