sexta-feira, julho 29, 2005

O CAMIÑO QUE ME LEVA AO MAGO (prestidixitador)


E que camiño tomar? Malditos reloxos (Momo levaba razón...). Ben, o importante é que a partir de hoxe o verán nace de novo, a praia volve estar habitable, as rúas de pedra secan, brillan, quecen... A xente sae á rúa outra vez ao caer o sol, tras a ducha que senta tan ben (a que fai esvarar o salitre), tras o pexego diario, o bronceado na epiderme... E todo volve a ter sentido...,
Dorothy, con zapatos vermellos de charol brillante, polo camiño de esmeralda, caracol caracoleiro... e o mago (comediante de Oz) ao final do camiño (al final de este viaje en la vida...)