segunda-feira, julho 25, 2005

O MEU PAÍS


O meu país, é verde e neboento
é saudoso i antergo, é unha xente i un chan
O meu país, labrego e mariñeiro
é un recuncho sin tempo, que durme, nugallán

Que quece na lareira, aló na carballeira
bota a rir.
É unha folla no vento, alento e desalento
o meu país

O meu país, tecendo a súa historia,
muiñeira e corredoira, acocha a súa verdá.
O meu país, saúda ao mar aberto,
escoita o barlovento, e ponse a camiñar

Cara metas sin nome, van ringleiras de homes
e sin fin.
Tristes eidos de algures, vieiros pra ningures,
o meu país

O meu país, nas noites de invernía
dibuxa a súa agonía, nun vello e nun rapaz
O meu país, de lenda e maruxías
agarda novos días, marchando de vagar

Polas corgas i herdanzas
nasce e morre unha espranza, no porvir.
É unha folla no vento, alento e desalento
o meu país

O meu país, Letra: Xoan Manuel Casado; Música: Miro Casabella