O CARTEIRO PAT

Tardes de chuvia fronte á fantasía, o carteiro Pat baixando polo Valado (e escóitanse as campás, rumor antigo), e tomamos nocilla na tarde de plátanos e follas castañas, entre a area, baixo as flores pintadas nas fiestras (o Grupo pequeno), e a fonte agroma entre as nespereiras, a carón das silveiras... Neboeiros extraviadores, gato de felpa, agasallo entrañable (funda para o volante dun carteiro boíño), e unha vila que é aldea soñada por todos (veciños amigables, a Pequecha á nosa beira, Falcon Crest do verán...).
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home