quarta-feira, agosto 17, 2005

DÍA DA GALIZA MÁRTIR


No ano 1942, os nacionalistas galegos no exilio decidiron declarar ao 17 de agosto Día da Galiza Mártir.
Conmemoraban así o fusilamento de Alexandre Bóveda do ano 1936.
Foi celebrado ano tras ano entre os galeguistas de toda América.
Coa morte de Franco no ano 1975 comezou a celebrarse o Día da Galiza Mártir na cidade de Pontevedra. Nos primeiros anos producíronse unha serie de prohibicións mais non conseguiron rematar coa memoria de Alexandre Bóveda.
Como dixera Castelao:

Non enterran cadáveres, enterran semente...
A madrugada do 17 de agosto do 36 Bóveda escribía as últimas letras para a súa muller Amalia: miña vidiña, encabezaba.
Amalia Álvarez Gallego, a súa dona, levou anaquiños do piñeiro contra o que fora fusilado Bóveda envoltos nun pano para a súa memoria. Tamén retratou fotograficamente a Cinta Rey -nai de Vítor Casas- xunto ao piñeiro no que fusilaran tamén na Caeira (Pontevedra) ao seu fillo, director de A Nosa Terra no 36. A fotografía ten unha incríbel forza expresiva, Cinta, velliña, pousa a súa man sobre o tronco da árbore como se o seu fillo aínda puidese sentila...
Hoxe, ás 18:00 h. no cemiterio de San Mauro, e ás 20:00 h. na praza de Curros Enríquez, homenaxe a Bóveda. Día da Galiza Mártir, 2005.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Unha data que non debemos esquecer. Tralas eleccións galegas de 2005, un día por casualidade acendín a televisión (non o fago moito) e estaban a falar do "Día da Galicia Mártir". Un grande avance. Os grandes pasos non son senón a suma de pequenos pasos adiante. Sempre adiante, nunca atrás.

2:42 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home