terça-feira, setembro 06, 2005

LIBROS


Cando da colección de El barco de vapor ou da de Alfagura pasei á lectura de libros para adultos houbo un primeiro libro, unha primeira viaxe. Sinto recoñecer que non se trataba dun grande clásico, nin dun grande libro a secas, mais para min foi algo distinto porque era o primeiro libro co que me sentía adulta, maior... Non me recoñezo nada posesiva nin conservadora, pero fixen aquel libro "meu" dun xeito bastante incontrolado. Vertera nel tantas cousas miñas, as personaxes eran tan propias que non podía oír falar del por persoas que non o "entendían" como eu o "entendía". Tiven que resignarme a ser unha lectora máis, aínda que a miña síndrome foi catalogada durante unha clase de literatura pola profesora, recoñecendo o meu sufrimento e compadecéndose incluso de min. Dende ese día cada libro é para min un estado, unha situación vital... Aquí vos deixo, a biblioteca agarda por min.

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Cual foi ese primer libro?para min ainda que non fose de adultos o primeiro libro que me engatusou de veras foi "El principe de la niebla".Habiannos dito que iba a vir a escola o escritor e en vez diso veu un camandula que nos habia ensinado un espello dentro dunha caixa.e ti tiñas que describilo,eu non me din conta que tiña que describirme a min mesmo.que palo...bueno menos mal que xa pasou.un bico a miñas irmans preferidas.

3:32 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

O libro era La casa de los espíritus, de Isabel Allende. Gustoume con 14 anos, agora xa non sería o mesmo. De feito ela é moi comercial e escribe por encargo, pero iso non ven a caso.
O do espello, recordoume a un libro que teño que lin de pequena: chámase "Os tres pretendentes", cada un dos pretendentes tiña que buscar o mellor regalo do mundo para que ela poidese elixir. Un deles atopou un espello co cal podíase ver de todo, todo o que sucedese naqueles momentos en calquera parte do mundo. Ao mellor o teu espello non era un simple espello e ti poideches ver máis alá, máis lonxe... simplemente os demais non tiveron a túa imaxinación e só puideron describirse a si mesmos. Ah, por certo, que son Cecilia. Bicos e agardamos máis sorpresas no teu blog.

4:58 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Olvideime da contrasinal do meu blog,creo que terei que facer outro.Esperabame que forades o concerto de aguasantas.pero...
bueno cando faga o novo blog xa os darei a direccion

1:44 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Cantos contactos electrónicos entre o pitxeleiro X e as irmáns :)
Eu seguirei como espectador.

9:59 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Un novo pitxeleiro no noso blog?... Veña, por favor, coméntanos algo que nos fai moita ilusión. Bicos.

12:35 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Ao Pitxeleiro X: non puidemos ir a Augasantas, que pena! Supoño que tocarían moi ben e que o pasariades de marabilla polas terras de Cotobade, non? Veña, axiliza na creación do teu blog que estamos ansiosas por engadilo a nosa recén creada lista de favoritos.

12:40 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home