terça-feira, outubro 10, 2006

CIDADE

As espirais sempre me levan a ti, cidade luminosa... Pétalas en día radiante (a adolescencia comeza), mundo underground, negridume atraente, a transgresión absoluta... E a pesar de degaxar por ti, mozo fermosísimo e orixinal, a miña inocencia perdeute no labirinto...
E fuches refacho en tarde ventosa de verán, senlleira, e un remuíño tremendo sacudiu o meu corazón, e devecín porque me levases contigo para sempre... (cálida Lisboa, espazo luminoso, café antigo, risos en tardes inacabábeis...)
E volviches unha noite mollada de finais de setembro... E achegámonos e afastámonos na arte de nos coñecer... E houbo tarde de chuva e chocolate na casa grande, onda as camelias, no lugar da galería radiante... e a pesar de que o meu corazón fuxira prendido dos frecos doutro mantón (mozo do presente), a saudade asolagoume naquel entorno suavísimo, e habitei no pasado e viaxei ó futuro, e desexei que espallases pétalos de hortensias na humidade das horas, que leses a Cortázar nunha aventura sen final, que a chuva te agasallase con folla de rafia, e que a tenrura que se impregnara no ar agromase na pel... E pensei en ti días e días, en filmes de Kubrick, en biscoitos acaramelados...
E logo houbo outro verán... Era estío de calidez e terra, de plenitude maina, de noite subsahariana... e ofrecéchesme o teu amor suave, profundo, incisivo, as horas alemás, as montañas máxicas, as filosofías perennes... Mais non puiden recollelo... corazón fechado con chave de cristal... E foi dor profunda e tenue, tristeza belísima...
E por fin a caixa azul foi libre... e desexei con vehemencia que apareceses... e apareciches... A expresión do amor máis fermoso e absoluto... as cartas máis fermosas... as rarezas máis excéntricas... a frase máis certeira e bela (Te vienes a vivir conmigo a Lisboa?) ... Mais... que aconteceu en min?
E agora o destino volve xuntarnos... e non sei cal será o significado... Por que sempre Lisboa chamará por min?

6 Comments:

Blogger paideleo said...

Quen non viu Lisboa non viu cousa boa.
Graciñas polas túas verbas no meu blogo.

4:36 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Este veran estiven catro dias en Lisboa e realmente é máxica, especial.
Que cousas tan preciosas escribiches. Emociona leelo...
Que todo che vaya ben.
Bicos.

7:36 da tarde  
Blogger TXARI said...

hai amores que matan e mortes que conduzem ao amor, mais sabrás que nada tam sordidamente delicioso que o correspondido amor...pódese amar a varios á vez...ou cometer a pecaminosa imprudência de só amar a quem abandoaches?...sei que nom sabrei que che amo certamente até que che deije...

1:30 da manhã  
Blogger torredebabel said...

teño moitas razons para querer voltar ao vello continente e esta é unha delas. Apertas!

2:32 da manhã  
Blogger Úrsula said...

Jo, que casualidade. Eu onte tamém escrivim no meu blog um artigo falando de Lisboa!!!!! É umha cidade estremadamente especial

7:19 da tarde  
Blogger Ra said...

Que preciosidad. Desear que lean a Cortázar debe ser eso que llaman amor. Fase a fase.Saludo!

9:56 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home