OUTUBRO
Aloumiñarte, arrouparte na miña luz, beixarte lenemente no pescozo, humedecer as túas pálpebras, percorrer o rumor oculto dos teus dedos, apreixar as túas mans delgadas... e deixar que estoupe esta paixón soterrada, o lume que nace e intenta liberarse... e explorar os beixos húmidos, as flores de auga que agroman nas bocas, o pescozo atraente, o corpo lanzal... e morro polos beizos nos meus ombreiros, as caricias húmidas nos seos (mananciais fantásticos), as ofrendas marabillosas... e quixera sorrirte baixo as follas secas, escoitar pasos nas alamedas mornas...
4 Comments:
si, outubro xa chegou, e con el o outono e eses dias. en fin, adiante!
O outono chegou de pleno cos cheiros e sensacións propias...
Unha aperta.
:)
e mentres, nos temos flores e verdes e sorrisos e enamorados. A primavera é unha moi digna irmá dese voso outono que tan ben debuxaches con palabras...
e canto vou botar de menos esos outubros...
Enviar um comentário
<< Home