quinta-feira, julho 27, 2006

ATLANTIC CITY

Estas primeiras pegadas de verán... bicis, comecartos e gaseosa...
Pálido René...
fitaron para o meu espello de ondas...
(Virxinia Woolf, o sol, a escuma ...cativan bicos sobre camelias brancas... e vou esvarar por tobogán de hedras...)
Pálido René... pero foron fitar para o meu espello de ondas...
Un paso adiante na area de Atlantic City... era a princesa do asfalto (she's so... Mando Diao).
E agora fóra do planeta, fóra da marabilla...
Andaba desordenadamente feliz... no cabo do pé (tacónpuntatacón), de pinchacarneiro en chumbalagato, bicos de inverno... e a calor que penetra a través das fiestras nocturnas que se abren (aroma a pementos) ... era o torbelino das letras... Ana, eu, e a romaría de primavera, subindo sen tregua as escaleiras de pedra (atopeivos!) -levo un ombreiro nu-.
Albisquei Martinica, a min Aimé Césaire (novas da psicanálise, berros de lobo)... et les chiens se taisaient... et os grans de café (fago monstros de bestiarios) e móveme por entre liño descorado, con fino tascón e xa son figura de esgrima... E viñan a min coellos brancos de función última (remate da carreira de Arte)... era cando levaba o mundo entre a punta dos teus dedos (e non calaban, e os cans berraban)... mais andaba desordenadamente feliz...
Ser a primeira muller no casino de Montecarlo (tempada alta), xirar coas puntas dos dedos ruletas de prata, saudar estranxeiros a raias, caer co neboeiro entre figueiras madurezas, regar máculas de café... presentar a Mancini... a Pérez Prado and His Orchestra... non se pode... maldita coraxosa... así era a miña vida planetaria...
[roubáronme o papaventos que levaba tecido ao corpo... pálido René...]

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

os parques infantis son melancólicos, de acordo. unha amiga (fesore, mai de duas meniñas) dicia que os inventaran os nazis antes de inventar auschwitz. pero sobretodo, os parques infantis son un filón de histórias ;-)

6:38 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home