DESEXOS DEBULLADOS
non entendes a miña linguaxe?
o infinito, a primavera e os bicos pequeniños na meixela...?
é unha historia de buscas (neuróticas pescudas). Ando na procura dun reloxo de man... de colmea, con música luminaria, e luces Debussy (en la Galette a vexetación bebe luz de día, de sol, de consciencia...)
es para min, nocturno... pero na caixiña de estralos das miñas ilusións, dos meus desexos... descansas entre moreas de margaridas medicinais, sempre na greguísima hora do xantar...
xa non es folla fílmica (foi certo que choraches?)... es unha marabillosa realidade imperfecta...
séguesme a debullar os sentimentos...
5 Comments:
es tia que segues a debullar os meus soños
porque será que prende tanto o que escribes?
fermosa peli esa. Vina de pequena e ainda gardo a sua maxia... Máxica tamén é esta página. Apertas!
Non sempre é doado entender a linguaxe da outra persoa. É unha ardua tarefa.
NOTA: Mudei de enderezo.
Ui, demasiado complicado para min. Non sei se falas dunha pelicula ou dunha relacion persoal. Iso si, o que escribes esta mui ben.
Un saudo.
Ten moito atractivo...
Unha aperta.
:)
Enviar um comentário
<< Home