ALEGORÍA DA PRIMAVERA
Ollos que me ven... que te ven...
Puideches albiscar aquel aroma a madeira de sándalo? No abismo coa raíña de Saba...
Demasiados filmes, meu outro ollo...
Pedalexas iris de Etiopía? Eu camiño mediodías de sol... á velocidade que sei, que podo, que non me cansa... a máxima brevidade no encontro, por favor..., a fugacidade máis intensa... (un furacán pequeniño que me transporte...)
(os soños tamén se moven, sabíalo? dunha metraxe a outra butaca... dunha esfera a esta realidade...
...dun estralo a un gran de millo verde).
E todo isto... para podernos bicar sen palabras, sen espellos marabillosos que se derreten...
Non es unha novela, es unha cadea sempiterna de breves caligramas...
Louise Labé... estanme garabullando os sentimentos...
... e alí seguimos sen falarnos ...
7 Comments:
Gustanme os oximorons teus: espellos que se derreten, furacan pequeninho, maxima brevidade.
Ledos os ollos que te volven ler.
Quen fose rei Salomón para recibir á Raíña de Saba... xD
Evocamos a imaxe da muller-sabia-bruxa (Circe, Calipso, Lilith) e rimos coa imaxe arrincada da lenda xudea: a raíña topou a Salomón nunha casa de cristal. Pensando que era auga, ergueu o vestido, expoñendo unhas pernas pilosas. O disgusto salomónico tornou lenda etiolóxica sobre a orixe da depilación...
Os arabes falan de fillas de Djinns, mais esa é outra historia...
ollos que non te ven, corazón que non te sente ;-)
Ola Lauridinhas. Acabo de chegar d dentista.
Ola, Kami! Mais, como non nos deas máis pistas...
Nada, é que viña dun empaste e dixen: voulle botar un ollo ás lauridinhas... Como vai todo?
XDD Pois... vai tudo bem.
Moitas grazas pola visita e coida dese empaste!!
Enviar um comentário
<< Home