FOI A NOITE
Infinitamente agradecida por toda esta poesía... Por ser interminábel e luminoso amigo en tardes de libros, ráfagas de vento e cartografía... E podería roubarte esa memoria que ti tamén atesouras, facer medrar recordos de pedra (de danza, sol... e brancura). Concédeme un desexo... que na distancia dos anos que se vaian amoreando (silenciosos uns sobre os outros), nos camiños que algún setembro comecen a separarnos... agaches a miña presenza embalada nunha folla de lata... para vivir un anaquiño do que ti vivas...
Eu levareite envolto en fume e calor... na negrura dun jazz antigo... nunha amadísima mestura de euforia e melancolía...
...e prometo, en tódalas estancias nocturnas da bohemia do mundo... altear as puntas dos pés para buscarte... e atoparte sempre embebido nalgunha peza de música adorábel (sentíndote voar na inconsciencia) acariñando marabillas coas mans, saboreando bágoas salgadas...
... sempre entre as pantasmas e a realidade...
Eu levareite envolto en fume e calor... na negrura dun jazz antigo... nunha amadísima mestura de euforia e melancolía...
...e prometo, en tódalas estancias nocturnas da bohemia do mundo... altear as puntas dos pés para buscarte... e atoparte sempre embebido nalgunha peza de música adorábel (sentíndote voar na inconsciencia) acariñando marabillas coas mans, saboreando bágoas salgadas...
... sempre entre as pantasmas e a realidade...
10 Comments:
Ums...
interesante, para a miña persoalidade indiscreta...
¿E quen será a persoa tan querida? ¿Quizaves o Aterión, minotauro pechado nos labirintos da palabra, da postmodernidade e da entrada anterior?
xD
En todo caso, a imaxe dos monicreces resúltame grata, e lémbrame aos electroduendes que me baixaron hoxe e que levan acompañándome toda a tarde...
Síntocho moito, pero non é o do anterior post... De tódolos xeitos, o anterior non era o Minotauro, senón Teseo...
É que sempre hai que ter en conta, neste crebacabezas, que somos dúas Laurindinhas...
Encántanme os electroduendes! (xa teñen aparecido neste blog)
Un saúdo!
Vaites, vaites...
o personaxe do labirinto, por certo, é Asterión. Comínme o s con anterioridade.
Fas mal en acreditar nos Teseus, laurindinha(s). úsanche para que os saques do labirinto e despois deixan a unha abandoada nas praias de Naxos. Sorte que acude Dionisos ao rescate...
Deberiades artellar algún sistema para que poidamos distinguirvos. ¿Distinta cor de letra? Algo así... Anque como sabemos, por indirectas, que unha das lauris fixo Arte (chamémoslle 'A'), e probábelmente sexa dela a academizante mitoloxía anterior.
Gustame a imaxe que lle da realismo ao relato: imaxinote acompanhada desa persoa querida absorta mirando os monicreques.
Un saudo.
a memória é o que resta do desexo, non si?
Gustoume moito o comenzo deste post: "Infinitamente agradecida por toda esta poesía... Por ser interminábel e luminoso amigo en tardes de libros, ráfagas de vento e cartografía...". Este blog e todolos outros, sodes os meus interminables e luminosos amigos nas tardes de traballo. Por iso, quedo infinitamente agradecida!!! Apertas Laurindinha!
moi lindo
apertas
Que grande e que fermosa e que digna esta melancolía que tan ben explicas. Vivimos permanentemente entre as pantasmas e a realidade. É algo ao que un se acaba afacendo. Un saúdo.
Para min, vivir entre as pantasmas e a realidade, aínda que pareza extraño, é saber vivir... Afondar máis alá da superficialidade da vida, saber atopar esas pequenas cousas que por mágoa non todo o mundo ve... engadirlle imaxinación á realidade... convertila nun relato fermosísimo...
um/uma sempre leva o seu pasado consigo malia que nono sepa...nom hâ milhor forma de conheçer mundos e puntos de vista...
Enviar um comentário
<< Home