terça-feira, fevereiro 07, 2006

PEIXE ESPADA

só na brancura núa desa praia medran os réptiles...
se poidese arrincar un anaquiño de tempo, poría un pé tras o outro na singradura das letras... aquela tarde fora rodear a illa e os corais, os peixes de rocha, atravesar a praia de seixos. Antes de baixar á auga pedira un desexo... que ao regresar ti aínda estiveses alí... perfecto descoñecido.

Nalgún lugar da area... sementes profundas, letras que flúen, atrapáronte para sempre... atrapáronme -benvida á ultima estación-.

dáme ás de peixe espada e o vento que non se para

amores que non se contan
historias que non se falan

12 Comments:

Blogger acedre said...

Oda a un amor posible que desapareceu ?...

3:33 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Oda a unha historia que non se fala... amor posíbel, aínda o é...

10:49 da manhã  
Blogger Unknown said...

Beware! O que non se verbaliza, somatízase.

3:10 da tarde  
Blogger TXARI said...

eu também gosto da exclusividade e da ignonimia do que jurde do peito com destino único...

6:07 da tarde  
Blogger FraVernero said...

Vaites, vaites...
así que voltamos a mr. Klee, eh?
Pintor moi da miña devoción, anque lembro que Castelao, no seu diario europeo de cadros, o consideraba un garabateador que imitaba aos nenos pequenos...
Niso non estamos dacordo. No seu gusto polo Brueghel e o Bosco xa entra en razón o rianxeiro.
Coidado cos reptiles. Ben sabido é que teñen sangue frío, o que non é o mellor complemento para as paixóns (anque iso sí: fai que se escolla con máis sentido común). Igual que os capricornio, a frialdade acaba tendo os seus usos, virtudes e defectos...

7:23 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

e palavras que non se pronuncian...
unha verdadeira homenaxe ao que puido ser, deveu ser, tivo que ser, e sen embargo non foi

11:04 da tarde  
Blogger torredebabel said...

e bo ter histórias silenciosas (e silenciadas) de cando en vez na vida. Eu penso que son illias ás que se pode marchar un cando a vida vólvese incómoda.

1:15 da manhã  
Blogger bueno said...

Lindas palavras, cheias de paixao. Além do mais, eu adoro Paul Klee! Um beijo!

10:21 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Comparto a frase de Edu: o que non se verbaliza somatízase.
Unha aperta.
:)

12:55 da manhã  
Blogger Unknown said...

É unha boa máxima, pero confeso que son o primeiro que non a segue.

9:15 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Bos consellos... boas reflexións... canto se aprende con todos estes amigos blogueiros!

5:00 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

O mar e o amor unidos. Non podía ser doutra maneira. Bo cóctel. Bo artigo, Lauridinha (a metade dela que sexas). Un saúdo. Estou de volta.

10:42 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home