SADA
Cecebre: tarde de literatura e biscoito, poesía, espazo cálido e tenro. A viaxe é reviravoltas e luz, fragas de desexo. Sada acóllenos na casa grande, nos teixos nocturnos, nas escaleiras de pedra, Mouro baixo a mesa, os círculos de misterio... A Coruña océano na noite. E volvemos á casa, ós cadros decadentes, ós risos nas tebras (chave de xigante), á familia amigable... Domingo de compañeiros, de Can, mirtos na horta, medicina humanista, conversa interesante (o celme), unha nena bulideira, chocolate de tarde... (e despídome de futuro esposo: compañeiras no coche –popero: Beatles primeiros, chapas no abrigo).
10 Comments:
Perdoame polo que ponho de ti no meu blogo.
Es de Sada?
En Sada chorei por amor na praia hai agora 10 anos...
Un saúdo.
Fermosa terra da que fun veciño ata hai nada e que algún caciquiño quere gobernar coma se fose a súa leira.
Os ratos danme repelús son os únicos bichos que non me gustan danme noxo. Costoume ler o texto, pero compensou...
Unha aperta.
:)
Marabilloso, coma sempre pasa coa nosa lauridinha.
Os ratos teñen o seu encantdo. Estou a pensar nese ballet algo cursileiro e de músicas pegadizas e almibaradas: 'O Crebanoces', de Tchaikovsky. Unha das personaxes máis inexploradas é o malvado Rei dos Ratos, se innúmeras cabezas e ruindade sen parangón.
¿Conque de Sada, eh? (alomenos unha das dúas cabezas desta bicefalia aparente...). Daí teño un amigo algo excéntrico (vale: moi excéntrico) que resposta ao nome de Dani Concordante. Quizaves o coñezas...
Pois ningunha das dúas Laurindinhas é de Sada (somos de bastante máis abaixo...), pero as dúas estivemos alí esta fin de semana convidadas por unhas boas amigas...
Tes moita razón co do cacique, Edu, e, desgrazadamente, hai máis caciques espallados pola nosa terra...
Acedre, recollo o testigo, proximamente haberá un post contando as nosas manías!
A min os ratiños gústanme moito (aínda que non vin ningún en Sada) e tamén me parece precioso o ballet do "Crebanoces" (a historia é marabillosa)...
Moitas grazas a todos polos comentarios!!
(FraVernero: non tiven o gusto de coñecer a Dani Concordante...)
as rutinas vejo que varíam en cada quem, hai rutinas que matarían por circundar os teus espazos, sada pareceume mar, pero nom marinheiro...nom están contrapostos...
Ese eslogan sempre me fascinou: que capacidade de síntese e de inventiva!!
concordo co gusto polo ballet "Crebanoces" ainda que teño outros mais amados. Deronme ganas de coñecer Sada e se a vida algunha vez lévame por alá, sen dúvidas lembrarei deste domingo teu Laurindinha!!!!!!
Como sempre tive alguma dificuldade em compreender o texto, mas com a ajuda dos comentários acho que acabei por perceber.
Quebranozes, é também um dos meus ballets clássicos preferidos!
Abraço
Enviar um comentário
<< Home