terça-feira, dezembro 27, 2005

AS TIMES GOES BY

"no es verdad, que no quiero querer más, guardo el mar en un bote de aguarrás"

Soñei coa praia máis terríbel... trataba de chegar e non conseguía atravesar a curva da nenez (onde os coches comezan a estacionar)... e devecía por ver a estancia máis perfecta: auga, mar azul, rochas que acariñan? era Lagos? a praia de area enorme, mar de nenos: apracíbel e protector? Non, no profundo e subliminal conto nocturno había outra praia máis perfecta (salvaxe e libre, area branca voluptuosa, tola atracción, sinuosa respiración que agride, adulta ansiedade, mar que abrasa...).

(no es verdad, que no quiero verte más...)


5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

claro que o tempo segue: é ese autobus, ese tren que nos leva a outra parada sen podermo-lo impedir e sen podermos apear.
fecundo 2006, cheo de boas paradas.

11:03 da manhã  
Blogger FraVernero said...

O mar e as praias perfectas do Caribe... e pensa un se as súas branquísimas areas e corais non fosilizarán os esqueletes de miles e miles de home, óso limpo e esmiuzado, dos escravos e piratas que inzaban o 'Mar Hespañol' daquela ('Spanish Main' que dicían os ingleses).
Lembro as miñas fantasías de rapaz cando ía á praia: someter as ondas a dominio humano, ou construir castelos de area que freasen a suba da marea, cheos de caldeiros de area cos que cubrir as posibles vías...
Mais non contaba conque a auga, malévola, filtrará por abaixo...

Bicos e apertas -e agardemos un bo aninovo para tod@s.

5:35 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Fra Vernero: Os castelos de area que freasen a suba da marea, aínda que houbese mareas vivas, foron o primeiro lugar onde por esperanza... as praias das que falo non están no Caribe, pero si hai piratas, a atmosfera é máxica e suceden cousas incribles...

Kaplan: na vida hai múltiples paradas, pero tamén, sen podelo evitar, hai estacións que se repiten unha e outra vez... ás veces penso que o destino si existe en certo modo, e que hai cousas que formarán parte da nosa vida pase o que pase, queiramos ou non...
Feliz Ano Novo para todos!!!

6:01 da tarde  
Blogger Marinha de Allegue said...

Non é verdade que non quero querer, quero querer sempre...
Unha aperta que che quero dar.
:)

11:17 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Grazas pola aperta Marinha... E tes razón, por máis que o impida, nunca perdo o desexo de querer...

3:11 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home