ALBARICOQUES

O conto de Nadal máis doce nace cunha cesta de albaricoques enfeitados... na colcha de cores proxéctase unha lúa (claraboia de pingas) ... e unha estrela alumea na fiestra (azul na noite, nispereiros nas hortas ocultas da cidade de pedra). Frío de la, luces que espreitan un intre (natal de nata), e a maceira que pousa no deseño gal (mazás de xabrón noite). É o Nadal primeiro estadía de preparación, oráculo de neve... o pazo elabora marmelada (loces albaricoque elegante no moble de castaño...modernistas pinceladas vidradas...)
6 Comments:
O Nadal é un período do ano do que gusto moito. Ten o seu aquel, a súa maxia. Tamén é o momento en que persoas que se esqueceron de ti te chaman. Época de reencontros, de ceas. Época de mirar como os demais comen turrón e ti, non. Un saudiño.
albaricoques enfeitados non temos acá, pero sí as uvas pasas, o roscón, vitel thonné, noces e almendras, "pan dulce", turrón, calor, moito que beber, porco, torre de filloas... pero, sobre todo, calor. Moito, moito calor. Apertas Laurindinha!! gustoume moito o teu nadal de inverno!!!
Mmmmmmmmm, que boa pinta!, arrecende dende aquí.Albaricoques mmmmmm gústame moito a cor que teñen.
Apertas guapa.
:)
q delícia!!!! hmmmmmmm!
Froita morisca e mestiza os albaricoques, traída á península polos árabes. Desconfiarían da súa dozura, quizaves, os 'cristiáns vellos' como Sancho, amigos da carne de porco, da pouca hixiene e da Santa por Antonomasia: a Inquisición...
Encántanme estes bichos secos -tamén os dátiles, os figos e as ameixas. Linguas de gato alaranxadas.
E os nispereiros nas hortas. ¿Pero son os nispereiros de verdade? Pois agora invadiu -novo eucapiptal- esa planta xaponesa (eryobotria japonica) de froitos ácedos e alongados, cor laranxa. Cando o níspero de toda vida era unha cousa escura e rugosa (mespilus germanica), que había que deixar apodrecer na árbore antes de que tornase comestíbel...
Nispereiros xaponeses??? Fravernero é vostede unha auténtica enciclopedia ilustrada... pois terei que baixar do pazo e comprabar se os nispereiros son ou non son autóctonos!
Que bo poder imaxinar un Nadal arxentino con calor...
Enviar um comentário
<< Home