MAGA
Preciosismo, delicadeza, músicas subterráneas, auga que escorre, esquimós fóra da estación, tintinares de delgadeza exquisita, pedras de lúa, noite aveludada, fíos azuis, e vexo a túa face, e o teu sorriso... medusas oceánicas, e acubíllome no teu abrazo, e síntome arrolada nesta rede de estrelas... cosmonautas, paraugas, nubes, espellos, cadrados coma atlas... (e Agosto esquimal, Celesta, Azul cabeza abajo, Piedraluna...).
6 Comments:
Dende a terra que non viu nacer a Cortazar pero si medrar e transformar-se nun dos mellores de todo-los tempos, apertas altas e un pouco "desgarbadas" coma il, xa que o teu texto me levou ás páxinas fermosas ás que sempre volto.
Realmente estoume a referir a un grupo de música español, aínda que indirectamente este post si que fala da Maga de Cortázar (tomaron o seu nome deste marabilloso e máxico personaxe).
E que dicir da Maga de Rayuela... é máis, que dicir da propia Edith Aron (a Maga da que se namorou Cortázar)... que non desvirtuen as propias palabras do autor:
(...) poeta maldita,
dama asesina,
princesa vampira,
mujer, mujer-pez,
ojos de gata,
Maga,
mi error más hermoso
o mi hermosura más errónea...
(...)
Como de costume, a laurindinha deleitanos coa súa intelixencia e bo gusto nesta magnífica casa...
Poñamos as zapatillas e, no sofá, recostémonos para disfrutar -máis unha vez- das súas entradas.
E neste caso, de Cortázar...
aqui nos ten outra tarde máis, e vde novamente coa casa tomada
Moitas grazas Fravernero polo cumprimento... que non cremos sexa merecido... Kaplan, se a casa é tomada polos amigos blogueiros... é todo un pracer (magnífico relato cortaziano o da Casa Tomada)!
Que comece a toma!
MiaUUUUU.
Bonito post.
:)
Enviar um comentário
<< Home