SABUGUEIRO NA FONTE
Quen puidera viaxar ó pasado... As xesteiras, a luminosidade na aldea, o pai ausente (Lisboa colonial de tranvía e café), a tía que consente e peitea o cabelo na sala grande, a voda elegante, o neno que nace, a rabia da intelixencia que comprende, o muíño que non cesa de moer (fariña infinita), a avoa que se agocha nunha arca grande, a auga que escorre, os carambos de xeo na poza abandonada, os carreiros que levan ó casal de mazás e mais fontes (os compañeiros das huchas e a limpeza, os cabritos na Xesteira, a alegría na humildade), os lagartos que temes, a nai que non pode deter o seu traballo (mans de laboura intensa), a planta engalanada con papel de prata, a galería vella, a tenda de Rei, e o leite que mana (fartura silenciosa), e os figos saborosos, e a avoa que recibe con Imperio Argentina (caramelos de menta, onzas de chocolate)...
15 Comments:
Tiven que tapar os ollos coas mans cando comecei a ler... non resistín a emoción e estaba chorando, pena non ter unha cama cunha colcha de cores aquí para chorar a gusto... (CE)
lindo texto. relembrar é viver, ou vir ver. os figos deliciosos me deram água na boca.
Tes razón, Bueno's Hideaway, pero estou relembrando algo que non vivín...
porque nos damos conta deses momentos cando pasan? e non é porque deixamos de ser nenos que tamén, facémolo acotío.
Podíasme decir de que me soa o gato e a cegoña do post GATOS, CEGOÑAS E PINGÜÍNS? daquel Beakman da TVG?
É Tele-Chat, Tele-Gato... Botábano na TVG nos 80...
Un apuntamento para os blogueiros que non nos coñecen persoalmente: ningunha das dúas Laurindinhas é a nena da fotografía (as fotos da nosa infancia son en color)...
Coma di o escritor Eduardo Galeano, "Recordar: Del latín re-cordis, volver a pasar por el corazón". Apertas dende a diáspora!
Que bonita debe de ser a túa colcha...
Carafio!!!!!! alguén que lembra o tele-chat, a min encantábame.
Somos como ampulletas e a memoria é area que nos conforma.
Como se quita anoooooos :D
Nós a verdade é que xa nos esqueceramos de Tele-Chat e lembróunolo un amigo o sábado (un auténtico friky dos debuxos animados, o que paseaba cun parrulo por Pontevedra cando era pequeno)... A verdade é que me parecía estrañísimo o gato presentando o programa de televisión, e a cegoña escondéndose... Así que, o domingo, miña irmá (C.) andou remexendo en Google...
Oh, eu também me esquecera completamente de Telegato! Obrigado pola anamnese!
Que é iso de Telegato? Pérdome coa referencia. Ou eu son moi novo ou pouca memoria teño. Nacín no ano 1980. Un saúdo
A autora de "Gatos, cegoñas e pingüíns" naceu no 83 e ten aínda moi presente a Tele-gato...
Enviar um comentário
<< Home