segunda-feira, novembro 07, 2005

REPTILIA

Dentelladas. Estrelas diúrnas, chatolas, os beizos que se entreabren, o fume do espectáculo, os cosmonautas, serpes que esvaran polo pavimento, e xorde remuíño entre a música (Delorean) e o celme, e ollar as horas dende o goldmine e a purpurina (Starman agroma na viaxe), e Banquet penetra na noite, e xorden laranxas entre a neve, e Zigger que danza, e branco e negro, e a orixinalidade que se filtra coa choiva, e hai mordedelas nas estrelas, e Ian Curtis que non reaparece (aínda que She's lost control), e os réptiles apodéranse da noite, e son diamond dogs, e Studio 54, e a arte comeza a súa andaina, e existe convite, e David Bowie triunfa, e os The Hives chegan en zorra de alces, e é unha loucura, porque dormen os Smiths. Dentelladas.

4 Comments:

Blogger folerpa said...

Non se que dicir, o cadoiro de verbas que levas dentro deixame calado. Que saibas que día a día estou doutro lado do espello, lendo. Parbéns :-)

6:46 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Tens aqui um Best of!... ;)

8:08 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

adorei

8:36 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

O punk transformouse en emo...

2:12 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home