domingo, outubro 30, 2005

SHE'S LOST CONTROL (ONLY SHE?)

Como unha montaña rusa... Chegas, sobes... E segues a ollar na penumbra durante tanto tempo... E sinto tenrura cara a ti, porque xa é moito tempo, e quérote aínda que o intente neutralizar, e cheira a castañas na Pontevedra de sempre (Ferrería de domingos da miña infancia), e sufro se ti me ves con outros... E chegas, e o teu sorriso é tan marabilloso, e es tan doce... Pero existen demasiados espectadores. E sei que contigo realizaría aventuras inauditas, viaxes a países afastados, alegrías súbitas... Como unha montaña rusa...
E alzáchesme nos últimos de setembro, e es Joy Division, e tenrura, e emoción que atravesa... e outubro (e es tan doce cando pronuncias o meu nome...).
Como unha montaña rusa...
E quérote aínda que o negue, porque es avelaíña doce que se apousentou no meu corazón, e gústanme os teus ollos tristes...
Porque é como unha montaña rusa, como unha montaña rusa.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

O destinatario destas palabras debe estar cheo de ledicia ó lelas. Non é para menos. Deica outra.

10:15 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Iso espero... non vai unha a implicarse e que logo non llo teñan en conta...
Grazas polo cumprido (xa ves que me estou dobregando ás normas).

11:53 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home