m.mallo contaba como unha vez andando con neruda á procura de esparteiros e cordeleiros, atoparon nun mesón de madrid unha gran caixa de lata das de gardar biscoitos. os do mesón non lle-la quixeron vender porque aquelas galletas estaban, segundo eles, estropeadas; o certo é que estiveran expostas á humidade, ao sol e ao ar demasiado tempo. maruxa e pablo empeñaron-se en comprar a lata, e cando foi aberta resultou conter efectivamente biscoitos estropeados: miles de bolboretas brancas botaron a voar na sala ante a sorpresa de todos, o que maruxa mallo tomou como unha premonición e un momento claramente surrealista. a anécdota foi mui comentada, ainda que neruda non fale dela en confieso que he vivido.
4 Comments:
esa muller que con certeza nunca estivo nel, no venezia, a espantar as bolboretas da caixa de doces... coñecerán a anécdota...non si?
Non, non a coñecemos. Cóntanola!
m.mallo contaba como unha vez andando con neruda á procura de esparteiros e cordeleiros, atoparon nun mesón de madrid unha gran caixa de lata das de gardar biscoitos. os do mesón non lle-la quixeron vender porque aquelas galletas estaban, segundo eles, estropeadas; o certo é que estiveran expostas á humidade, ao sol e ao ar demasiado tempo. maruxa e pablo empeñaron-se en comprar a lata, e cando foi aberta resultou conter efectivamente biscoitos estropeados: miles de bolboretas brancas botaron a voar na sala ante a sorpresa de todos, o que maruxa mallo tomou como unha premonición e un momento claramente surrealista.
a anécdota foi mui comentada, ainda que neruda non fale dela en confieso que he vivido.
Que bonito, encántanme as bolboretas brancas...
Enviar um comentário
<< Home