
auga fervida con fíos que se enredan (vapor azul)... lavei a cara, herba Luísa de San Xoán... nun caderno levo desexos apuntados (vividos): equilibrar na corda frouxa, viaxar arredor da terra (globo terráqueo terco pero eficiente...) e chegar alá onde a vertixe amolece, onde xorden infusións novas, tés do Brasil, mate arxentino, modernismo catalán, Cat Stevens, unha casa grande, unha varanda inmensa, plantas luminosas, viaxe a través da noite en Compostela, brandísima sensación, levo os zapatos na man (azucrada, compracida)...
...e na vertixe ti arañas veludo vamp
na neurose circular...
2 Comments:
ah, que grandes son vdes! pouco a pouco van colgando aqui as miñas imaxes preferidas... é coma unha ruleta psicanalítica... :-))
A neurose e a súa creatividade, xa sabes...
Enviar um comentário
<< Home