
Un día chuvioso de outono vin o primeiro capítulo da serie
Los gozos y las sombras. É para min un exercicio apasionante achar paralelismos coa realidade: o alcume Sirome ou, por exemplo, a figura do Cubano, alter ego de Francisco Escáneo, vítima do 36, que compartía co personaxe a súa pata de pau, os seus ideais de esquerdas e o oficio de taberneiro. Gustaríame expoñer a idea de que é preciso homenaxear dende Bueu a personalidade de Escáneo, máis alá da rúa que leva o seu nome (cabe lembrar, de todos os xeitos, o fito que representou para vila que o primeiro goberno municipal da democracia empregase as figuras de Rosalía de Castro, Castelao, Alexandre Bóveda, Johan Carballeira e Francisco Escáneo para a nomenclatura das rúas).
1 Comments:
A recuperación da memoria histórica está a ser un dos esteos da Consellería de Cultura. Creo que este é o momento propicio para lembrarnos dos que sufriron a masacre fascista e dos que se rebelaron contra ela. Un saúdo.
Enviar um comentário
<< Home