PEIXE QUE ESVARA
Desexo absoluto... Os beixos ennobélanse entre chatolas de prata, axóuxeres de cíngaros, velvet goldmine...Voan rápidos os peixes entre os risos... E procuras cunca de pétalas antigas...E aínda que es a beleza perfecta, precisas da imperfección dos outeiros acesos, das chairas de neve, das sinuosidades de luces...e preguntas por un beixo, e outorgas abrazos
de álamo,
madresilvas suaves,
elegancia plena,
e percórrense os carreiros na humidade,
as areas branquísimas da ilusión nas palabras,
e es a beleza perfecta na noite oceánica.
de álamo,
madresilvas suaves,
elegancia plena,
e percórrense os carreiros na humidade,
as areas branquísimas da ilusión nas palabras,
e es a beleza perfecta na noite oceánica.
8 Comments:
Olhade os pés del
A El niño de la guía: perdoa a miña inocencia, pero non sei que pasa cos pés de Burt Lancaster...
A Flor de Lis: Jonathan Rhys-Meyers estaba na Velvet Goldimine ou fixérase corpóreo?
Os pés estarricados som síntoma de tensíón. Olhe bem, nom é posiçom natural dos pés, tem muita carga sexual na minha opiniom.
Pois vai ser certo que o pecado está nos ollos do que mira...
...quero dicir que eu tampouco reparara no dos pés.
Pois eu non reparara no dos pés, Niño de la Guía, pero tes razón. A ver se vai ser que a terrible atracción que sentían os personaxes na película existía na realidade... Unha das cousas que máis me gustaron de De aquí a la eternidad foi o representación do desexo máis absoluto...
Agora só falta que veña o tsunami que estrague o ambiente íntimo das personaxes da foto.
Que romántico...!!Ha ha ha
Enviar um comentário
<< Home