terça-feira, novembro 15, 2005

ARROZ CON LEITE


Antollo de arroz con leite (con abundante canela). Vou enviar invitacións azucradas para todos vós, viredes? Tea a cadros vermellos, teteira branca elegante... (e cristalíneas fiestras no moble escuro) Decorando perfís de acuarela ondulante.
E na memoria unha tarde de chocolate... Cesária absoluta. Unha casa das Américas (a vida indiana na aldea, outono nacente, Nilza nas camelias). Biscoitos que se derreten na boca... e chocolate quente, e personaxes inmensos (eu era pequena)
E foi desexo sempre unha doce tarde... (venres seco de sol). Intre de paz na adolescencia miña (xa non me feren as feridas)..., elaborando chulas (vento de té), biscoito caseiro de iogur... e arroz con leite...
Do meu cuarto agora xorden bolas de arroz branco, como neve... e ides petar á porta de gala, e ides subir educados, e ídesme contar mil historias (contos de café), e quece a tarde de arroz con leite á que todos estades convidados...

7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

se me invita a arroz con leite levarei comigo unha boa história

7:17 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Mal sabe Nilza que aparece neste post de arroz con leite... (L.)

12:05 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Xaa merquei a canela!!!

6:13 da tarde  
Blogger Tongzhi said...

Arroz com leite é o "nosso" arroz doce, polvilhado de canela?

12:00 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Sim, eu creo que é o mesmo (leite, arroz e açúcar, cuma pel de limao e uma raminha de canela, todo fervido e refervido, e logo polvilhado con pos de canela...)

12:10 da manhã  
Blogger Tongzhi said...

he he he
É isso mesmo!

1:03 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Pois está boísimo...!!

11:52 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home