sábado, dezembro 03, 2005

AUTÓMATAS NA ALDEA

no derradeiro mes do ano... (quecen estufas, sopran as chemineas... palloza de la, berce con goma, nenos de mentira...), e calzo calcetíns que fumegan, prende a bolsa de auga nos pés, de goma quentiña... e son as noites secuencias de leiteiras, ferve auga na cociña de ferro... madalenas calzadas en tarriños escuros, con abundante zucre na primeira lámina doce... espertan mañás brancas, carreiros de contos -e lévote boneco afriaxado entre auga e silveiras (non vos quero estrugas que picades!)-, unha árbore que procuramos, loce na aldea automática... e batemos as pozas coas botas azuis, húmidas, de goma...

9 Comments:

Blogger torredebabel said...

no meu derradeiro mes do ano non quecen as estufas, senon os motores dos aparellos de dar vento; non sopran as chemineas senon os homes e mulleres abafados pola calor; e ninguén calzan calcetíns. Mais é o derradeiro, e ten maxia e árbores... Apertas!

10:29 da tarde  
Blogger acedre said...

Quentachesme este inverno frio co este relato dunha aldea que semella un belen.
Saudos.

12:30 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Gallofa, Poti Poti... recoñezo que os utilicei para crear a miña aldea ideal: mestura da miña propia e da deles, que tanto me gustaba...

11:43 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Sinto unha pequena frustración. Teño un recordo vago desa serie animada. ¿Como se chamaban? A memoria é fráxil.

10:36 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Os Auróns/Los Aurones, emitíana en Antena 3 polas mañás: Gallofa, Poti Poti...

7:05 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Ao mellor xa os tiñan botado antes, pode ser, si... pero o recordo máis recente que teño deles é de cando os botaban en antena 3 polas mañás... xusto a tempo para tomar o meu leite con tres galletas e partir correndo para clase...

10:46 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

A outra metade de Laurindinha (L) -máis veterana-, lémbrase de velos na primeira, e mesmo de ver a Poti Poti en Un, dos, tres (por certo, ese día tiña un tizón nun ollo e non o puiden ver moi ben).

11:15 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

A outra metade (C) a de Antena 3, que estaba escribindo mentres lle ditaba (L), confundiu tirizó con tizón... síntoo, ela o que tiña era un tirizó no ollo... estas lagoas miñas!

11:22 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Miña nai tivo moitos problemas para darme de comer de pequena (facía bolas co bacallau), de aí as tres galletas... agora que medrei algo volvinme moi larpeira, demasiado diría eu (onte abusei das galletas pequenas e salgadas que veñen todas xuntas nun bote... e do bolo de rei portugués)... pero a miña neurose impídeme que coma máis galletas ca tres, tenmo prohibido. É un mal moi extendido ese de porlle número ás galletas que un come (casos clínicos probados).

11:47 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home