NOBELOS DE LA E REVISTAS
unha cunquiña de leite (quece), un pastel de cenoria (Magdalena lisboeta na noite de Nadal), chocolate con pan, sopa de letras con pelouros -traio os peterpans con lama- tosta rica na tevé -publicidade e suplementos de calceta...- na noite que escurece Espinete surca un armario (tapo os ollos co medo), baixamos da Graña mamá, Lucía e mais eu... é venres no piso, un dous tres responda outra vez, e o secador quéimame a cabeza... e perdín o libro mi mochila (sacúdeme a pena, e berro, e cáenme as marés). E no pé de mamá vaise cabalgando entre nobelos de la e revistas (batidos de amorodo, campos verdes, amplos xerseis con cintos... e porterías)... e no Natal que se achega un programa na tele, a carretera da iglesia, o grupo escolar (25 de diciembre... fum, fum, fum), e o piso que se abre, a humildade dos 80. E a Noiteboa na aldea, Estela que foxe para sempre, abelás que estoupan, Ilda e Manuel na cociña de ferro... e quero ficar quentiña nesta tenra miscelánea, neste universo de retallos (amores enfiados)... hoxe querería volver ver a pirotecnia do Carme asustada... buscando a escuridade dos brazos (papá e mamá... sublimes).
5 Comments:
O frío húmido nos dedos que collen o bocata...
Pois debe ser moi orixinal estar namorado dunha nena-coello...
A min o personaxe que máis me gustaba era o malo, sempre vagando con frío e fame polo bosque, pobriño!!
Chamábase Gretel o malo, Paty a coelliña e Boby, do que eu estaba namorada, o oso ... (a outra metade de Laurindinha -C-, máis sabia en materia de debuxos animados)
Fico impresionado coa túa portentosa memoria. Non me canso de dicilo. Os animais están tomados da serie de debuxos "La Aldea del Alce", non? Sóame a serie pero non me lembro de ningunha das personaxes. Recomendádesme algo para a memoria?
A serie era "La aldea del arce"... o de ter tanta memoria pode ser bastante incómodo... moitas veces preferiría vivir no pasado (teño complexo de Peter Pan)
Enviar um comentário
<< Home