terça-feira, dezembro 06, 2005

SOMEBODY TOLD ME

Peguei un voltio de calor... (cables enleados, revólver eléctrico... case me flasheas co estoupido -láser efectivo-)...

Resignada partín (zoom, zoom, impórtame un faradio a depresión... agarrei a radiocasette, humanoides elásticos, saia solar, lapis de labios de ocasión, todo tirado (un desastroso culombio no montón)... Sexilia na autovía de Marín (mi radio adivina pone música divina), e dun tirón xorden botes de colón... ai, que flash me pegou, hola, hola, que tal, en la bola de cristal... (Ceci, Luci, bom!! y otras chicas de subidón). Que alucine...! Vatios e vatios de paixón, desconectados pero en acción, subministro (combustible musical...). Nun voltio sintoniza a radiación (estoupido de amor... silenciador musical... cambra -zoom, boom, faradio e culombio...-, un mar de electrodomésticos, unha electrólise eficaz...).

En el jardín, oe, en el jardín...

10 Comments:

Blogger FraVernero said...

Aí me feriches, demo! xD
A verdade, non sei de onde sacas as fotos dos electroduentes (2 posts máis atrás, os míticos aurones), todos os cais fantasmearon a miña xuventude. Sobretodo gardo lembranza emotiva da 'Bola de Cristal', o único programa infantil que trataba aos rapaces como seres intelixentes. Serie marxista, ao fin e ao cabo.
Na casa teño dous libros de guións dos electroduendes... e atópanse cousas fabulosas. Por exemplo, os capítulos adicados a Amperio Felón e a explicar... ¡a acumulación orixinaria do capital!
xD
E pregúntome qué outros fachos terás na reserva para alumear esta noite túa -incomprensíbel e subsahariana. Noite na que as dunas parecen olas, máis quedas, baixo a imposíbel luz dun crepúsculo a rás do deserto...
E deixo para que recollas, antes de partir, unha rosa, un bico e un regalo.

P.S.: se abre-la caixa do agasallo, toparás dentro esta verdade:

Porque certos estamos
De que para afogar de novo a mocidade
Precisamos mans limpas e auga clara,
E saber que arrasamos un xardín
E algunha primavera, que perdemos
Quizais algunha vida
Para volver á vida e atopármonos,
Pero non as lembranzas nin a rosa

10:43 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

O capítulo de Amperio Felón tamén o temos na noite subsahariana... pregúntome, ¿agora que os coñecementos pedagóxicos avanzan nas facultades de educación... por que non poñen atención dun raio dunha vez na programación infantil, e repiten a solución deste programa tan xenial?
Ficamos moi compracidas cos agasallos... quedan en boas mans, sobre algún tapiz dese deserto no que se atesoura a noite subsahariana...

11:53 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Sempre pensei que a bola de cristal estava sobrevalorada mas ah! Os Aurones que tempos...
Som novo para sentir-me velho

«...zas zas zas lanza rayos
y en frUUuuta los convertira...
»

8:20 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

me lo monto mal
tengo carné de identidad

reóstatos y filamentos! pasou unha eternidade...

7:38 da tarde  
Blogger torredebabel said...

son totalmente allea a todo o asunto da Bola de Cristal, pero ainda dende fora é moi divertido atopar a sorpresa que cada post de Lurindinha pon na rede e nos blogueiros. Imaxino que será como se na Arxentina alguen falara de Carozo e Narizota, Pelito ou Clave de Sol. Apertas!!

8:04 da tarde  
Blogger FraVernero said...

Ais... a bola de cristal...
Sinto discrepar con algún dos comentaristas, pero os Aurones -anque non desprovistos de encantos- quédanlle moi por detrás. Maior simpleza no discurso -típica trama para nenos-. Aínda o xoves pasado adiquei a noite cuns amigos (seino, son un dexenerado) a ver vellos capítulos destes, co Gallofa e o Potty Potty, 'Barrio Sésamo' e 'Muzzy', introductor do inglés nas nosas vidas.
Quizaves algunhas (ou moitas) cousan escapaban ao noso maxín, pero algo traballaban no nosos subsconsciente (igualiño que o primeiro Eisenstein quería que fixeran as súas películas). Un marxista impenitente non deixa de aprezalo... xD
E alén, eu divertíame moito con eles. O único que me turraba para atrás eran as actuacións de Miguel Bosé en mallas axustadas (daquela moi alleo eu ao mundo dos Queer Studies...)
xD

10:43 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Fico sen palabras ó ler tantas impresións verbais dotadas dunha grande forza expresiva... o boneco da imaxe pertence á aquela serie chamada "A Bóla de Cristal"? Teño un moi vago recordo dela. Saúdos e Bo Nadal. Xa sei que L. recibiu a miña postal electrónica. Deica a próxima

10:53 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Moitas grazas Boedense! E grazas tamén a Fravernero por me facer recordar a Muzzy, boneco polo que sentía devoción estética mais ao que non lograba entender nen mu.
E con respecto á Bola de Cristal, esta é unha dos electroduendes, a fada (a máis presumida, creo recordar)... o meu recordo é moi pequeno, era demasiado nena, (L) si que os lembra con maior precisión... pero ao mellor o feito de que o recordo sexa difuso sérveme para deleitarme moito máis con eles... ¿nunca vos pasou ao recordar algo impreciso pero que de súpeto venvos devolver algo moi valioso pero esquecido?

11:36 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

E grazas tamén a torre de babel, e a tódolos demais polas aportacións de tan preciadas letras da Bola!

11:38 da tarde  
Blogger FraVernero said...

(técnico) Trátase da 'Hada Video', que ceceaba. Algo máis coqueta era a outra electroduende-muller, a 'Bruja Truca'.
O nivel de inglés de Muzzy era paupérrimo, pero denota moito do noso sistema educativo que non foramos quen de entender nin papa. O bichiño a comer reloxos, e o malo dicía del mesmo que 'I´m clever', e claro, eu pensaba que iso quería dicir 'Son malísimo'.
E como dicía a 'Bruja Avería':
¡¡Viva el Mal / Viva el Capital!!

11:04 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home