REAPARECES
Onte volvinte ver... E non negarei que me sentín turbada pola túa presenza (aínda sobre este océano no que habito, loitaches por emerxer)... Mais destruíches o meu desexo coas túas continuas voltas e reviravoltas, cos círculos concéntricos, as desaparicións, os labirintos desfavorecidos... Eu, sempre, agardando unha tregua dentro desa continua crise na que parece que habitas. Mais custoume ser fría na presenza, e sentín unha intensa dor cando reparei no xeito no que me ollabas, na desesperación nos teus ollos, na tenrura da túa face...E minto se non admito que desexei arrolarte no meu abrazo, chorar de amargura, darche un pouco da miña luz, acariñar o teu cabelo suave....
Mais é preciso que así sexa, eu tamén teño dereito a un anaco de felicidade.
Mais é preciso que así sexa, eu tamén teño dereito a un anaco de felicidade.
7 Comments:
quen "reaparece" dese xeito, coido, nunca foise realmente...
Apertas Laurinha (lindísima a história do nome da tua avoa Laurinda que me regalaches).
Cando doen as "reaparicións" deste xeito hai que desinfectalas feridas.
Mais cóntala linda.
:)
Cando a rutina traba con forza,
coa ambición no val e o resentimento na curota,
as emocións non agroman
e afastámonos e tomamos diferentes estradas
Entón o amor,
o amor esgazaranos outra vez
¿ Por que o leito está tan frío ?
Ti que das a volta lonxe no teu lado
¿ Foi a miña cadencia a que estragou o noso respecto?
¿ A que estragou os nosos sentimentos enxoitos?
Con todo aínda fica esta súplica, esta alfaia das nosas vidas
O amor,
o amor esgazaranos outra vez
Ti berras en sonos e descobres tódalas miñas eivas
e eu co acre sabor da desesperación no meu padal
Penso que algo tan bo non pode funcionar sempre
Entón o amor,
o amor esgazaranos outra vez
Nota. En Carral aínda lembraban o teu sorriso.
Grazas polos comentarios. E grazas polo poema e polo comentario, Folerpa (sempre se agradece que non se esquezan do sorriso de un)!
É o que teñen as reaparicións. Adoitan ser tristes e á vez alegres. Simplemente é cuestión de busca-lo inexistente equilibrio.
xikera bo é, farlopas, que a tradución de love will... non é demasiado costumista... de seu xa se agradece
Grazas, Irreal Intauto, por facerme reparar outra vez no texto de Folerpa.. Non me decatara de que era a tradución de "Love will tear us apart"...
Enviar um comentário
<< Home