domingo, dezembro 11, 2005

DELOREAN

Naquel Delorean sulcamos a mañá dos defuntos... acababas de estar serio (coma sempre) silencio cos ollos (amor-odo intelixente). Observando -teléscopico futurista- triste... estiveramos xuntos sen coñecernos
-Noite de Calacús-. Sóubeno todo dende un principio (Franz Ferdinand no Camarú...). E vistes o noso Delorean -estabades sen batmóvil-, e volvino saber todo, e antes do despegue (supersónico) xa estabas preparado (listo e xa!), e falamos da emblemática viaxe ao futuro -a nosa favorita- (paradoxos meus que vivo no pasado). E Nacho Vegas con Michi Panero, e unha curva a mil... perfectamente enfundada en dourados e metais vin nun estoupido cara a vós -heroes melancólicos-, e foi un truco de emoción, unha pista descifrábel no tempo...
Volviches Marty McFly... demasiado tráfico na viaxe... agárdote no cuarto das Nancies (Maxia Borrás, pos brillantes), óese Blondie de goma, Belas Artes de ocasión, familia Adams (e unha gaiola musical con espellos luminosos)...

13 Comments:

Blogger Laurindinha said...

O doutor Who é a mellor serie da historia...! E é curioso que non atopo a case ninguén que a vise... Ata que o Nadal pasado merquei unha chapa da serie (Doutor Who en versión galega) nun posto do Rei Zentolo (eles si que a vían!)!
Ah, outra metade de Laurindiña, que bo o da familia Adams... ha ha ha!

3:46 da tarde  
Blogger torredebabel said...

a familia Adams da tele que via coa miña irmá rindo pero non moito porque tamén daba espanto, e moitísimo mais marabillosa ca do cine dos anos 90... E o batman computarizado de Hollywood non ten tanto mérito como aquel, mais artesanal e con uns kilos de mais. Apertas!

4:15 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Tes razón, como este Batman que parece tan familiar non hai outro... As pelexas eran o mellor de todo: cómicas!
Desgrazadamente, nós nunca vimos a serie dos Adams (que sorte a túa), tan só a película... Pero os Mónster foron a referencia dos sábados da miña infancia (La bola de cristal)..

4:25 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Cal era a bóveda dos Dalek?!Non me lembro!!A parte que recordo mellor era a da nave espacial na que ían os tripulantes durmidos, e aqueles vermes verdes...

9:05 da tarde  
Blogger llll said...

jo, qué de lembranzas das tardes de tele na casa dos avós!!

3:32 da manhã  
Blogger Veloso said...

Concordo coa comicidade das pelexas de Batman, con aqueles Plaff, Bomm e similares. Non lembro ao doutor Who, e iso que ata agora mesmo me tiña por experto en televisión. Da miña infancia, gardo unha certa devoción irracional por Mazinger Z, un robot que saía dunha piscina. Naquela serie, como en case todos, os máis interesantes eran os malos: o Barón Ashler, metade home e metade muller (isto, a mediados dos 70) e o Conde Brocken, un tipo que andaba coa cabeza na man. Que recordos!

8:55 da manhã  
Blogger Marinha de Allegue said...

Taremos no tempo de lembrar...?
;)

4:31 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Polo que leo dos vosos comentarios, debín ter unha infancia ben triste. Non vin Mazinger Z, nin o Doutor Who e iso que pasaba bastante tempo antes diante do televisor. Do que si me lembro é da serie de Batman. Oxalá tódalas pelexas e liortas fosen tan ficticias coma as da serie (plash! pum! splash!). Un saúdo e bo nadal a todos vós.

5:51 da tarde  
Blogger bueno said...

olá! vejo que o batman e Ronbin estão também nas tuas memórias. sempre achei que devia ter algo ocorrendo escondido entre os dois. besos

4:18 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Sim, Bueno, a verdade é que tanto tempo os dois juntinhos, nao sei eu...

7:02 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Well done!
[url=http://ljpiszha.com/lmzl/uggg.html]My homepage[/url] | [url=http://abzsytal.com/frsg/sojo.html]Cool site[/url]

10:49 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Great work!
My homepage | Please visit

10:49 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Nice site!
http://ljpiszha.com/lmzl/uggg.html | http://pwzzmafl.com/segf/nqjt.html

10:49 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home