sexta-feira, dezembro 23, 2005

BELÉN ARTICULADO

Tellas con gatos, osos e gorilas... escaleira das alturas, chemineas ocultas... camiñando ábrese un oco oblicuo (prisma de encanto). Obsérvase veludo, goma, peteiros, la (cores de froitas confeitadas). Camiñan exércitos fabulosos, aldea automática (almofadas, herbas e gatos rabuñando os pezuños...). Descaros, bicos de cinema, un tío no París (mago Tati), chocolate do Perú (que viva a vida tranquila! de marmelada, veigas e ratos pulcrísimos con maletín), Teo desfaise con palleiros, hortas pluriempregadas, verzas de goma... Cachirulo -galicreques do underground-, unha porta (chave imposíbel, segredo velado, tebras no lago do castelo do científico -artífice de monstros-, e un bibliotecario con óculos agarda á morte -cera, candea, auga... un libro-, a morte de enigma), e teño a chave de mentira, do conto de amoras, framboesas nas silveiras... Tío Pascual -presente de leite, tella con penso, pomba culta de viaxe...-, e chíscame o ollo lúa de Meliès...!

É o meu cuarto favorito (conto que eleva ingredientes coa levadura plástica da mentira).