terça-feira, dezembro 20, 2005

ELIPSE (VIAXE)

Porque cando te vexo nace en min un torrente de auga transparente e buliciosa... Porque é como se devorase pétalos das rosas máis afrodisíacas (pero que me dá a túa presenza?)... Porque deixo de ser independente e temo este abismo... Porque co teu sorriso faría unha blusa para as tardes apracibles... Porque te acho en todas as rúas e en cada recanto... Porque é como tormenta de deserto que me atorda... Porque as túas mans son finísimas e delicadas, delgadas... Porque es a suavidade e a contundencia, elegancia e afabilidade... Porque es gato esguío que esvara... Porque nacen en min illós de auga que gurgulla, balsámica...
Pero...un pouquiño menos de altiveza, meu rei?

11 Comments:

Blogger torredebabel said...

ay, Laurindinha! iso ten os nosos reis. Que con algo menos de altiveza, xa non os queremos tanto... Apertas!!!

11:13 da tarde  
Blogger Marinha de Allegue said...

:)
Un beijo

11:40 da tarde  
Blogger Snob Megalove said...

Este fíxome sorrir, e mire que hoxe non contaba con eso. :-)

11:55 da tarde  
Blogger acedre said...

Primeiro tantos piropos e logo queres que baixe das nubes onde o subiches.
A imaxe e mui boa. De onde a sacaches?.
Saudos e bo Nadal.

4:24 da manhã  
Blogger bueno said...

Porque? Porque quando está-se apaixonado tudo toma um outro tom, uma outra cor. Estás enamorada, entao, aproveite! Obrigado pelas lindas palavras!

9:45 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Acedre: os piropos son merecidos, pero a altiveza pode converterse nun defecto...
A imaxe pertence ó Xardín das Delicias, de El Bosco.
Bueno: nao estou apaixonada (ou isso espero), tam só é uma atracçao...

3:00 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Non son materialista, Kamikaze... :-)
E ás veces a miña técnica non é tan efectiva como quixera...

4:13 da tarde  
Blogger FraVernero said...

A, o amor...
É un fonte de tantos problemas e incomodidades, e tan poucas satisfaccións relativas que, se fosemos algo máis racionais, deberiamos suprimilo.
O caso é que non somos demasiado racionais...
Encántame a escolla; o Bosco é o meu pintor favorito por riba de todos. A experiencia de ver o seu tríptico en directo, no Prado (o seu tamaño é xigantesco) é difícilmente descriptibel. Aumentada amais pola presenza do mellor cadro do meu segundo pintor favorito na mesma sala: 'O triunfo da Morte', de Brueghel o Vello.
Pero esquecémonos do tema...
Estas liñas encantadores da laurandinha creo que reflicten á perfeicción (con ou sin conciencia dela) como funcionan esas terras estrañas do desexo e a atracción: sempre un terreo minado e estraño; curioso, pero eu tamén creo que esa altiveza que desagrada está inexorábelmente unida á mesma atracción que che esperta esa persoa.
Todos aqueles deliciosamente malévolos legados da cultura e a bioloxía, adubiados con certa confusión moderna...
Anque podedes tomar as miñas reflexións como sensentidos (non-sense), xa que o País do Desexo, as súas sutilezas e poderes sonme tan descoñecidos como as máis abstrusas fórmulas fisico-matemáticas...

9:04 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Sinto confesarvos que estades enganados (aínda que para unha historia de amor fatal non estaría mal!). Non me conquistou coa súa altiveza, senón coa súa sinxeleza.
E esa altiveza da que falo pode destruír o desexo...
Ah, por certo, a elección do Bosco débese a que volvín ver o Xardín das Delicias esta fin de semana(tes razón, Fra Vernero, en que "O triunfo da noite" tamén é moi atraente...)

9:29 da tarde  
Blogger bueno said...

passei aqui para te desejar um bom natal. nao esta apaixonada? só está atraída? aonde está a diferenca????

1:25 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Hi, as you can see this is my first post here.
In first steps it is really nice if someone supports you, so hope to meet friendly and helpful people here. Let me know if I can help you.
Thanks in advance and good luck! :)

6:11 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home