ACUÁTICA
Levamos acuática poza dentro de nós, repouso amargo movíbel -revírase, alóngase tal vexetación, flota por onde pode-. Mais é limitada, finita... os días tristes van deixando o seu pouso, a súa bágoa, a pinga azul escura... é premonición da fervenza que aterra inmensa, que nos asolaga, que nos amedrenta... a poza xa non é calidez de auga, melancolía de encanto... a poza é un proceso kafkiano, unha metamorfose terríbel que apreixa as sensacións, os cinco sentidos -a nubrada vista, o insensíbel tacto, o ausente oído, o selado gusto e o axitado olfacto-.
8 Comments:
As fermosuras do mar... E da vida subacuática...
Seductor...
Pensa uns nos rituais de Santería, e nas 'loas' de Guinea, en Agwé caribeño con botellas de champán; coquetas ninfas de antigüidade clásica -naiade e Tetis- e ondinas medievais das augas...
Ou no horror para algúns, claro. O escritor Lovecraft detestaba profundamente as augas, e imaxinaba horrores baixo as ondas, nen mortos nen vivos...
Encántame Klee. Un dos meus pintores favoritos...
Hai que luchar para que esa poza non nos invada. Hai que procurar tela pechada e deixar que entre o sol e faga as augas transparentes e limpas.
Hai que confiar e esperar tempos mellores...
Bicos cheos de sol e esperanza...
Eu levo uns días de "ausente oído", pero alégrome de que aínda a vista me permita ler textos tan bonitos coma o teu. Dicía o mestre Serrat: "Bienaventurados los que están en el fondo del pozo, porque a partir de ahí sólo cabe ir mejorando". Emerxamos, pois. Unha aperta.
Parécenme uns comentarios que ben merecían entrar na categoría de post... que completos... Grazas polos apuntamentos...
Pois a mín este lindo post pareceme cen por cen maternal mesmo semella un parto.
Un beijinhoooo.
:)
Eu chámolle pozo, pero é o mesmo cá túa poza. Ten sempre presente que sempre, sempre, sempre acabamos saíndo dela. Nós somos máis fortes.
Esa poza esta chea de vida e de optimismo e cunhas imaxes ben xeitosas. Podes sair con muita forza nesa fervenza, nesa metamorfose a unha nova ti.
Grazas a todos polos consellos e comentarios!
Grazas Kamikaze por visitarnos, agora que xa non te atopamos no teu blog (e como o botamos de menos)!
Enviar um comentário
<< Home