WHERE IS MY MIND?
Fin de ano... O ar revolto, ardente... Subimos a festa engaiolante en mansión antiga, acubilladora; e existe taxi de conto.
Descendemos curvas, labirintos...
E non te acho no espazo nocturno, e temo os ánades salvaxes (porque o desexo non entende de Penélope antiga, desesperada por mito presente, desquiciamentos subversivos).
Pero superamos a primeira proba, e recíbesme con sorriso de estrela polar, cálida e luminosa, e devezo por ese xeito teu de beixarme na benvida, como caricia de mar, suavidade extremísima. E como gozo do teu ollar mentres a música nos asolaga, e todo é complicidade absoluta.
Mais non podo máis, é demasiada loucura para min. Non son quen de descifrar reviravoltas estrañas....
E vaste, e case resisto, mais caio en alfombra de plumas, en ededrón de pétalas exóticas, en marabilla matutina, beixos de enredadeira, tersura infinita, paraíso de inmensidade, penumbra lixeira... (acéndense os lumes).

8 Comments:
e devezo por ese xeito teu de beixarme na benvida, como caricia de mar, suavidade extremísima...
É unha auténtica preciosidade. Eu nom me poderia resistir a un bico do mar...
Bicos.
Grazas, Muralla, polo cumprimento... Bicos para ti tamén.
Dis moito con moi pouco, creas un mundo sen afogarnos a adxectivos, fas que caiamos no edredón de pétalas exóticas... Noraboa, Laurindinha, bos días. Volvamos agora á vida real.
Vaites...
vexo que hai xentiña que o pasou moi ben en noitevella, eh?
xD
Alédome, ou...
O desexo ilumina a noite e prende pequenos fogos fatuos de cor púrpura-alaranxado nas cortinas, nos mobles e nos traxes dos amigos...
Eu tamén quero un beijo do mar...
:)
Que ben entra a xente no ano 2006.
Millor asi.
Saudos.
Pobre el niño de la guía e probe dente... Pero ti como fixeches? Dormes nunha liteira?
eu tamén ando na procura de caricias de mar por estas datas nun povo pequeno de praia porque temos vacacións por acá. Ainda así, mandoche apertas e fermosísimo o post!
Enviar um comentário
<< Home