CANCIÓN TRISTE DE SAN SILVESTRE STREET
Don Triste é un meticuloso reloxeiro -arranxa metais, articula resortes...-. Trátase dun feliz comediante que -inmerso en ponche e mergullado nas uvas- repasa horas de silencios, ama a intensidade do tempo que vive... Don Triste non é un amargo desgrazado, un poeta suicida... Don Triste é un elegante actor (mímica no saúdo), que torna os ollos tristes cando é preso da memoria (noite de San Silvestre), porque o tempo vaille debuxando unha historia tan inmensa, preciosista e encantada (pingas de esmalte, delicados enfeites de marabilla...), que de desexala é preso da maior das felicidades: a única e esguía Dona Melancolía.
5 Comments:
Don Triste parécese moito a Pamplinas, o xenial humorista e -entre outras cousas-, maquinista da 'Xeneral'.
...e nunca sorría...
Tíñalle Alberti un poema adicado titulado así: 'Buster Keaton busca por el bosque a su novia, que es una verdadera vaca'.
Pensamos no reloxeiro de Momo e nos humoristas de cine mudo e branco/negro... a maquillaxe fai aínda máis intensos os rasgos.
¿Quen non é preso na derradeira noite do ano da Melancolía? ¿De todo o que se debeu facer (ou non) e non se fixo?
Somos un gato que se morde a cola.
A señora Melancolia costalle muito deixarnos estos días...
Bicos.
vaia par de pés para un banco! don triste e dona melancolia: unha parella que dá risa, verdadeiramente. feliz 2006
Os nomes imprimían carácter non si? ademais é algo no que creo firmemente. Este texto confirmamo, a regla queda confirmada co esta linda excepción.
Un beijo.
:)
Di o mestre Sabina na súa marabillosa Calle Melancolía: "busco acaso un encuentro que me ilumine el día y no hallo más que puertas que niegan lo que esconden". Que o 2006 abra todas as portas. Feliz ano, Laurindinha, un bico.
Enviar um comentário
<< Home