THE LONG BLONDES

Agasallos, Oriente, fíos de prata, a beleza do sorriso...
Xa non estarás na casa, e o espazo é demasiado amplo e luminoso (o ruído da música non é compartido, nin árbore de galanos, nin plumas de faisán).
E vádesvos vós (festas na memoria).
E morre en min este conto de marabilla e Franz Ferdinand que comezou hai tanto (Nadal en decembro).
E aínda que se bifurcan os camiños, e a alegría esperta no meu interior a comezos de xaneiro (xeira nova) sinto morriña doce e fermosa.
Where is my mind?, Du Hast, tarima imposíbel, Bloody Sunday, Take me out, The dark of the matinee, The long blondes (a última noite de ano subimos á festa alegres, contentos), Somebody told me...
E os Strokes pasearon nos mesmos días polos mesmos lugares: Malasaña, Reina Sofía (Guernica), Prado...
O Nadal pecha as súas ás (brancas).
9 Comments:
Agora fica a resaca, despois da orxía de consumismo e almíbar no pensamento ... as meles da sabedoría que tornan pegañentos os marbres...
Un ano máis, e Saturno devorando aos seus fillos... porque xa chegamos a esa idade en que lamentamos cada novo rascado da Parca...
Os clásicos consolan, pero non o suficiente.
Mais dentro do que cabe, a boa música (como Franz Ferdinand) tamén axuda.
Sempre me entristeceron os finais...
E entristéceme despedirme das persoas (a miña irmá, aínda que só sexa por unha semana; amigos que estudan fóra –Manuel, Bea, Gonzalo...–); amigos que se sumirán na época de exames...).
Tristezas melosas e alegres, porque só son morriña...
Tes razón co dos clásicos e co da música: a arte é unha balsa que nos salva de momentos angustiosos.
Ah, e non me sinto triste polo consumismo: simplemente, non consumín demasiado (abúrrenme as marabuntas materialistas).
Grazas, Fra Vernero, polo teu comentario, tan sabio e interesante como é habitual!
A verdade é que a min tamén me pareceu bastante bo.
O que me parece curioso é que se fale tan mal da calidade de Room on fire (quizais sexa o que me gusta máis dos tres)...
A miña cita ós Strokes refírese a que estiven en Madrid a mesma fin de semana que actuaban. Hoxe lin unha entrevista que lles fixeron na revista do País e pareceume curioso que visitasen xusto os mesmos sitios nos que estiven: Malasaña, o Reina Sofía e o Prado... Quizais estiven vendo o Guernica ó seu carón e nin me decatei...
Non te poñas triste pola fin de Nadal. Alégrate porque xa se achegan o Entroido, o San Xoán, os días longos... mesmo este luns frío pode gardar algunha sorpresa.
Grazas polos ánimos, Veloso. Pensarei no Entroido, entón.
Sara Jess: alégrome de que desfrutases deste Nadal. Moi orixinal a túa cea republicana; aínda que a min o Reis Magos son os únicos reis que me gustan.
Volta á rutina. As rebaixas, os problemas cotiáns. Xa esmoreceu a época de soños que é o Nadal.
Great work!
[url=http://uebtnikh.com/llmi/wlgz.html]My homepage[/url] | [url=http://tdgtuoqo.com/wvok/tuzt.html]Cool site[/url]
Nice site!
My homepage | Please visit
Well done!
http://uebtnikh.com/llmi/wlgz.html | http://glcbrjwi.com/yktn/jvdp.html
Enviar um comentário
<< Home