MANÍAS DA OUTRA LAURINDINHA
I. Cando enfermo fago coma se nada pasase: prescindo das aspirinas e do couldina... dende que abandonei aquelas menciñas tan riquiñas (vivaporús, talquistina...), xa non me apetece medicarme, nin visitar ao doutor -que xa non é palestino (para min un pastelino -fillo das plastilinas-). Ademais, fóra da casa... as enfermidades non se levan tan ben... espertas soa na noite, e soa quedas... así que cando enfermo, fago coma que non me enterei, coma se o meu móbil estivese apagado ou fóra de cobertura.
II. Antes adoitaba anotalo todo... De nena recibín de regalo unha axenda portuguesa moi xeitosa que marcaba as horas do día: eu anotaba cada teleserie que miraba, cada alimento que inxería... No meu primeiro diario anotei: Hoxe na plaza encontrei a Josefiña, pero non lle tuven medo. Tiña cinco anos.
III. Imposibilidade de conter a risa. Mentres lía no colexio, respostando unha pregunta na clase, cando alguén cae... e demais escenas lamentables nas que quedas verdadeiramente mal botándote a rir...
IV. Son un pouco teimosa... Se vou á praia (é dicir, cada día, cada verán...), teño que bañarme, enténdase: mollar o pelo pero mergullándome... non vale agachar o corpo, tapar o nariz, e botar a cabeza para atrás.
V. E cando viaxo en tren calculo o lugar no que vou sentar... non me gusta ir nos que son de catro (levas caras frontalmente e pode poñerme un pouco nerviosa), encántame ir soa (a non ser que a compañía sexa agradábel e de confianza), e gústanme máis os rexionais cutres, que van baldeiros e quenta máis a calefacción... e algo no que non poño demasiada atención, o mellor lado é o que percorre a ría de Arousa, pero non sei como fago que nunca atino e acabo sentándome do outro lado, que por outro lado, tamén ten casas interesantes (véxase zona de Catoira... botan a correr gnomos, e na auga crece a vexetación decadente...).
7 Comments:
encomenda realizada ;-)
Con esta Laurindinha coincido en dúas manías na segunda e na terceira.
Unha aperta.
:)
pOis eu coincido na cuarta e quinta. E as dúas me encantan. Anque coido que na quinta, se a compaña é agradable, podo facer excepción!!!
(E a min tamén me gustan máis as vistas ao mar, e case sempre acabo sentada no outro lado!!!)
Ay, qué morriña me entrou pensando nese viaxe vendo a ria de Arousa...
Pero hasta S. Santa non poderá ser...
Tamén me gustan as outras manias, ainda que a primeira non son tan valiente...
Bicos.
eu coinçido na terceira manía tamén (ao igual que na anterior laurindinha) é jodido, pq a minha sonrisa modestamende nom está mal pero tenho pasado apuros por rirme en situaçoms comprometedoras...
Unha aclaración: que quede claro que non tiven aínda ningunha enfermidade de peso, é dicir, simplemente non me apetece medicarme porque controlo as miñas propias enfermidades a base de saír e espabilar, menciña infalíbel (probade).
Non es quen de controla-la risa? Que envexa! Eu seina controlar de máis. Saúdos
Enviar um comentário
<< Home