A liña recta case nunca é a distancia máis curta entre dous puntos, digan o que digan os matemáticos. A liña recta fai que un perda ou non se decate das cousas que suceden fóra dela. Deica outra.
Curioso... Algunha das lauridinhas anda tocando o mesmo instrumento musical que a Fleur de Lys... Hai criaturas de curvas e criaturas de rectas. A ficción lovecraftiana percorreu algo diso (aquel terríbel relato 'Os cadelos de Tyndalos')... Moitas rectas demostran ser curvas se as vemos dende a perspectiva necesaria. E distante. Problema: non soe ser unha perspectiva humana... Doutra volta, seguro que se pode facer algunha lectura coas rectas, o falocentrismo e a tensión masculina e dominadora, lectura destas que poñen ao señor Sokal a arrincarse os pelos da cabeleira e a dictar as diatribas da Ciencia Pura contra as guerrillas do posmodernismo...
Fravernero: as dúas Laurindinhas sentímonos atraídas polas reviravoltas estrañas, as profundidades, os labirintos, os camiños entrecruzados... Por certo, encantaríanos que nos explicases esa teoría que relaciona as liñas rectas co falocentrismo...
Esperem lá! Mas afinal o que é isso das duas Laurindinhas? Eu sei que não percebo algumas coisas do que escreve(s)(m) LOL mas não me digam que percebo assim tão pouco ;)
15 Comments:
É unha árbore de Klimt...
Aínda que tampouco é tan diferente ó meu cabelo...(pero sen colgarlle horteradas)
Cada liña ten o seu encanto, cada unha ten a súa reviravolta ainda que non se perciba a simple vista...
Unha aperta.
:)
Encántame Klimt e especialmente este árbore da vida...
Bicos.
A liña recta case nunca é a distancia máis curta entre dous puntos, digan o que digan os matemáticos. A liña recta fai que un perda ou non se decate das cousas que suceden fóra dela. Deica outra.
Todo vai ben se a reviravolta non remata onde empezache.
A proposito. Quen escribe, Laurindinha 1 ou Laurindinha 2 ?.
Escribe Laurindinha 1, a que primeiro escribiu as manías...
Fermosa paradoxa, Laurindinha. E moi axeitada ilustración. Sempre é un pracer pasear por esta noite incompresíbel.
as líneas rectas sempre agochan curvas, fochancas e reviravoltas á esghelho...e para que auto-enganarse?
Curioso...
Algunha das lauridinhas anda tocando o mesmo instrumento musical que a Fleur de Lys...
Hai criaturas de curvas e criaturas de rectas. A ficción lovecraftiana percorreu algo diso (aquel terríbel relato 'Os cadelos de Tyndalos')...
Moitas rectas demostran ser curvas se as vemos dende a perspectiva necesaria. E distante. Problema: non soe ser unha perspectiva humana...
Doutra volta, seguro que se pode facer algunha lectura coas rectas, o falocentrismo e a tensión masculina e dominadora, lectura destas que poñen ao señor Sokal a arrincarse os pelos da cabeleira e a dictar as diatribas da Ciencia Pura contra as guerrillas do posmodernismo...
na minha lingua, diz-se: "deus escreve certo por linhas tortas". Eu tambem sempre preferí as curvas e elipses.
Fravernero: as dúas Laurindinhas sentímonos atraídas polas reviravoltas estrañas, as profundidades, os labirintos, os camiños entrecruzados...
Por certo, encantaríanos que nos explicases esa teoría que relaciona as liñas rectas co falocentrismo...
Esperem lá!
Mas afinal o que é isso das duas Laurindinhas?
Eu sei que não percebo algumas coisas do que escreve(s)(m) LOL
mas não me digam que percebo assim tão pouco ;)
eu -nalgunha vida anterior- fun línea recta. Unha sorte grande ser curva nesta vida. Gústame moito mais. Apertas!!
Tongzhi: somos duas Laurindinhas, somos duas pessoas as que escrevemos neste blog...
Un saúdo para todos e grazas polos comentarios!!
he he he!
Como pedido de desculpas aqui deixo
dois beijos para vocês, um para cada uma das pessoas
:)))))))))
Enviar um comentário
<< Home