quinta-feira, fevereiro 23, 2006

ORÁCULO

que quería comer da froita de todas as árbores do xardín do mundo,
e que saía ó mundo con esa paixón na miña alma

Oscar Wilde, De profundis

22 Comments:

Blogger TXARI said...

grandes miras, grandes propósitos, a feliçidade é um caminho, nom um destino...

5:53 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Podes ir camiñando e ir saboreando froita...

6:47 da tarde  
Blogger FraVernero said...

Mais non esnquenzades que estamos desterrados do Edén; e cando queremos morder certas mazás, agora aparece un 'anxo flamíxero - cazador no escuro', todo loiros e dourados, espada ardente e expúlsanos do souto de malas maneiras...
Cando non algo peor por andar mordendo froitas prohibidas... Ben sabemos o que lle pasou a Wilde -e temos que sacar das celas inspiración para as baladas.
Xa o dicía, moito mellor ca min, esa notábel poeta que foi Amy Lowell no seu 'The sisters', retratando en poucos versos o pacatismo e 'prudishness' da Raíña Victoria e o seu tempo...

10:51 da tarde  
Blogger torredebabel said...

coido que cada quen atopa na vida o seu propio edén cheo de frutas permitidas no que non hai "anxos-flamíxeros-cazadores nos escuro". Eu teño varios na vida e moitos no blogomillo.

11:20 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Tou moi dacaordo con Txari a felicidade é un camiño non un destino...
Unha aperta.
;)

11:33 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Fravernero, non nos saia vostede homófobo... (Wilde foi unha víctima da homofobia do seu tempo... e de amar a quen non debía e quen non merecía o seu amor...)...
As froitas e os paraísos poden ser unha cunca de café, unha imaxe de Klimt, unha noite de festa, un instante de paixón, un amor profundo, unha laranxa entre a neve... Non me gustan as froitas velenosas...
Por agora aínda non me expulsaron de ningún paraíso; pero quizais teña que ver que sexa atea...

5:20 da tarde  
Blogger FraVernero said...

Ams...
debín de explicarme moi mal para que supoñades que fixen un alegato homófobo máis arriba. Nada máis lonxe da miña intención...
A sociedade victoriana era puritanona e fortemente represiva coa sexualidade. Nembargantges, certo tipo de represión é inevitábel en tódolos sistemas sociais e políticos. Quen sabe se unha futura sociedade de necrófilos e pederastas (alomenos o segundo xa o houbo; que llo pregunten a Alcibíades) non nos ha de xulgar cun duro raseiro polas froitas que deixamos de morder...
O que non xustifica a persecución os homosexuais, por outra banda. Hai casos curiosos, aínda máis ca o de Wilde. Sabiades, por exemplo, que os homosexuais que saíron dos campos de concentración alemáns non recibiron nengunha compensación por parte do goberno alemán? Ao contrario, moitos foron encarcelados, e as leis contra a sodomía promulgadas polo Terceiro Reich seguiron moito tempo en vigor...

7:59 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Perdóeme, meu benquerido FraVernero, debino entender a vostede mal.... Non me garde rancor...
A verdade é que sempre odiei as inxustizas e nunca fun capaz de quedar calada ante elas... Ademais estou moi sensibilizada co tema despois de ter sido De Profundis o meu libro de cabeceira nas dúas últimas semanas...
Un saúdo!!

11:54 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Acabo de reler o seu comentario, benquerido FraVernero, e con todo o meu cariño teño que aconsellalo da perigosidade de relacionar homosexualidade con pederastia... Se pederasta foi certa Grecia clásica, tamén o foi case todo o mundo occidental, que concertaba matrimonios entre vellos e rapazas menores de idade...

2:42 da tarde  
Blogger FraVernero said...

Aprezada Lauridinha:
¡como che ía gardar rencor, muller!
xD
Nembargantes, discrepo contigo. ¿Onde está a perigosidade de relacionar a homosexualidade e a pederastia?
O único que podo ver é que estén aplicando unha determinada vara de medir: como censuras unha e ves ben a outra, paréceche mal que se mesturen. ¿É así?
Temos que ser conscientes da relatividade en boa medida dos nosos valores. Normalmente, estamos moi dispostos a extrapolar as nosas categorías ahistóricamente, e a xulgar cómodamente aos demais.
Isto vese moi ben nas prácticas sexuais. Tódalas sociedades que coñezo parten da tabuización de aspectos desta, e establecen límites. Dentro dun modelo social, uns límites escóllense con determinada arbitrariedade, pero son efectivos e 'lóxicos' co seu esquema de crenzas e de percepción do mundo.
Quero dicir con todo isto que, por exemplo, é unha postura con pouco fundamento supoñer que 'a homesexualidade' como tal é unha práctica sexual abstracta e universalmente boa, para tódalas épocas e lugares. Nen mala. É simplemente unha práctica sexual entre outras que, iso sí, durante a maior parte da historia da nosa Civilización Occidental estivo duramente reprimida.
Hoxe en día, a homosexualidade, por numerosos factores que sería prolixo analizar, conseguiu a duras penas deixar de ser 'o ilegal' e o 'non permitido'. Algo que me aleda: a expansión das liberdades (incluídas as sexuais) sempre é bo sinal. Mais se te das conta (é unha cousa que estudou moi ben o teórico queer Jonathan Dollimore nun libro seu sobre o desexo e a literatura), a mesma posición de desprezo e marxinalidade que ocupaba antes o amor homo ocúpano hoxe outras prácticas sexuais, que probábelmente non sexan (anque nós as censuremos) universalmente malévolas en todo tempo, lugar e circumstancia...

10:06 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Leo expectante o diálogo entretido que está tendo unha metade de Lauridinha con FraVernero. XD

1:36 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Benquerido FraVernero: non podo admitir que alguén abuse dun neno pequeno e non me gusta frivolizar coa pederastia.
Cun tema así non creo que debamos facer debates dialécticos nin usar argumentos intelectuais.
Un saúdo con todo o cariño blogueiro!

10:00 da tarde  
Blogger FraVernero said...

Querida laurindinha, se a discusión che resulta desagradábel, paramos agora mesmo.
Nembargantes, insisto en que estás misturando varias cousas nun mesmo paraugas. Alén de que dubido moitísimo que as miñas liñas se poidan entender como unha apoloxía do abuso a menores. Pederastia non é, aparte, o mesmo que pedofilia, infantofilia ou efebofilia...

11:23 da tarde  
Blogger Nemeth said...

fermosa cita e fermoso pensamento...

graciñas

12:21 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Perdoe meu benquerido FraVernero se o puiden ofender nalgún momento coas miñas palabras... se foi así, pídolle mil perdóns...
Un caloroso saúdo!!!

1:05 da manhã  
Blogger FraVernero said...

Pero muller... (debería empregar mulleres, xa que alomenos sodes dúas, non? xD), xa hai confianza entre nós. Tantas desculpas son innecesarias -anque non deixan de agradecerse, non tanto en sí mesmas senón como unha mostra de aprezo e atención cara a miña persoa.
Bicos
:***

1:17 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

O mundo sempre hai que saír con toda a paixión e toda a alegria posible.
Bicos.

11:12 da tarde  
Blogger eue said...

Fame e sede sempre.

11:16 da tarde  
Blogger bueno said...

eu também! tenha uma boa semana!

3:28 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Great work!
[url=http://nldrsmog.com/uwcv/xkin.html]My homepage[/url] | [url=http://xghzcgut.com/erza/egad.html]Cool site[/url]

7:23 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Nice site!
My homepage | Please visit

7:24 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Great work!
http://nldrsmog.com/uwcv/xkin.html | http://kwwqufxy.com/cnyn/wbpf.html

7:24 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home