VAN SER MIL E UN
A xélida e correcta estatuaria... (oe, Barba Azul... eu son unha curiosa...), a comedida frialdade, as palabras curtas... na última estación xorden deliciosos xardíns de Hieronymous, paraxes afrodisíacos de desorde...
Navego por augas encharcadas de neve... vai frío neste meu derradeiro glaciar...
É clima hierático, obrigado e inconsciente... Mais comeza a derreterse en pingas de calor...
Vádesvos indo, misterios de altura anticristiá...
Andan mapoulas encarnadas sobre a area da praia... violenta claridade...
15 Comments:
Que bonito...
Fóra as neves...
Concordo!
EStou farto de friooooo!!!
Ah, a praia... brings back good old memories! adoro la belle de jour, adoro pierre clementi e claro, la deneuve também! ótimo post!
belle de jour, ou a rebelión da masa burguesa...
A Belle de Jour é xélida... que é o filme senón un ensaio desa frialdade?
Ams...
xa estou de volta...
xD
Anque o convite-preguntoiro tivo lugar a sexta pasada, perdoai o retraso. Aquí tedes as miñas respostas...
localidades:
Santiago
Serra de Outes
Tavilo
Bournemouth
empregos:
deixémolo en branco... xD o de bolseiro non o considero un emprego. Diletante 2 veces, e os 2 negocios da casa.
filmes
Marienbad, de Resnais
A Folga, Eisenstein
Masters do Universo
Vida das Marionetas - Bergman
series
V, por suposto (tantos soños húmidos con diana como era posíbel con 6 anos)
Blackadder
Simpsons
Futurama
lugares
Berlin
Roma
Xerusalén
Habana
sites
tamén os que están nos meus links... xD
comidas
Porco asado con patacas e zenouras
os chuletóns do 'Gonzaba'
Pastel de Riles e Carne (seino, a cociña inglesa é repugnante... xD )
Merluza en salsa verde
lugares:
o Ceo
librerías
fondos de Historia e Filoloxía
un harén no tempo dos Califas
albums
Sgt. pepper´s - os beatles
Blonde on Blonde - Dylan
Lizard - Ling Crimson
Rise + fall of ziggy stardust - bowie
e o testigo pásollo a...
mareaberta
haicu
torredebabel
diaña
Por levarlle a contraria a Lauridinha, fago apoloxía do frío. Que veñan as neves!:D
Pois eu nunca pensei en ter un harén... Gústanme máis de un en un! XD XD XD
O frio tampouco e tan malo...non se poderian curar os xamons,he,he.
En serio, toda epoca ten o seu encanto e sen unha non haberia a outra. A min encantame a calor na praia cando fechas os ollos e empeza a suar a fronte e ata tenho arrepios. Pero tamen encantame o frio; sair a rua e sentir que a cara se cortea e as mans que se entalan pedindo accion.
Non sei pero todo o tempo con frio ou todo con calor seria aburrido de mais.
Un saudo dende a terra onde por fin nevou, pouco, pero nevou.
Eu gosto de frío, pero non da choiva nin da neve, cando menos se me molla a min. Prefiro ollala tras a fiestra, ao quentiño e seco :)
nunca choveu que non escampara...
apertas
O quecemento do planeta fixo que medrasen as ondas e desaparecesen as praias. As mapoulas navegan por océanos remotos. Algunhas afonden.
Bicos ás Laurindinhas.
confusión
Ás veces a "friaxe" pode co corpo... impídelle que agromen os impulsos de calor...
Para Lauridinha: a friaxe impide que agromen os impulsos de calor pero tamén impide que a calor nos acabe queimando...
Pois eu quero queimar de calor... e baixar aos infernos...
Enviar um comentário
<< Home