COBERTOR
Ás veces penso que a vida é un grande cobertor feito de retallos de distintas formas e cores... De cando en vez, algún anaco de tea queda atrás, sen coser, só ganduxado... ou pendurado da grande colcha... Mais, quizais, tempo despois, logres que o retallo acabe formando parte harmoniosamente do enorme labor...
Esta semana atopei varios retallos antigos e por fin os reincorporei ó cobertor... É unha sensación marabillosa...
Esta semana atopei varios retallos antigos e por fin os reincorporei ó cobertor... É unha sensación marabillosa...
15 Comments:
Encantame a comparación que fas. Eses cobertores son fermosos, así que esperemos compoñer unha vida así de ben feita.
En S. Santa pasei por Bueu e acordeime de ti...
Bicos.
bonito cobertor, seguindo o símil debes ter uma vida belíssima...
nada mellor que un cobertor e unha vida con moitos cores, ben cálidos e lindos como o da foto! Fai anos fixen un deses cobertores pero, en lugar de cadradiños tecidos, levaba anacos de teas de moitos cores. Logo comencei outro pero ainda non o terminei... gustanme moitísimo! Coma a páxina que facedes! ;-)
vou comezar a buscar os retallos perdidos, a ver se os dou cosido á vida
Fermosa metáfora
Estou de acordo con folerpa, tiño que vir eddy jones a quitarlle a poesía...
Que lindo!! o cobertor e a metáfora. Eu teño un cobertor parecido que foi da miña avoa Adela feito por ela en tardes perdidas e téñoi en moita estima.
Unha aperta guapa.
:)
Nos e as nosas vidas non son mais que pezas dun inmenso mosaico infinito.
Un saudo dende a terra dos "quilts".
É fermosísimo este cobertor de cores e lembranzas. Laurindinhas, o venres, Deus mediante, estarei pola vosa terra. Un saúdo.
Obrigado pela visita. Estou meio por fora dos blogs ultimamente. Isso passa. Está calor e nao quero ficar aqui no computador. Talvez tenha chegao a hora de eu fazer um patchwork e me cobrir com ele. Um beijo e boa semana
si... un tecido eterno!! ;)
As miñas felicitacións, semella un cobertor moi lindo e quentiño!
Un bico
BÚSCASE
Lauridinha compostelá. Estes días non anda nada por Filoloxía, e trouxenche un pequeno detalle das miñas vacacións italiás.
¡A ver se apareces!
Bicos
M.
hai que ir mudando o cobertor, por mui belo que seja!!
Uma boa sensação que dá sentido à vida!
Dois beijos para vocês!
Enviar um comentário
<< Home