THE LONG, HOT SUMMER
Torbelino. As mans axítanse procurando o vento, a respiración, aire... A asfixia por momentos é insoportábel. Porque te amo, mais ti deixas que murchen as azucenas. E confías nun futuro lento e marabilloso... pero son pasional e certeira... Porque te amo, e morro por esvarar pola túa pel lixeira, percorrer os desfiladeiros do pescozo, emocións escorregantes... Mais o límite achégase rápido e constante... e xa temo a fin.
Porque ante min se amosan novas flores, novos froitos, chairas inmensas, acubillos senlleiros, beizos entreabertos, plumas de faisán... e ti só me ofreces follas murchas, beixos pasados, caricias de caracol, sorrisos de avestruz, tentacións sen final... e ante min xorden océanos inmensos, marés altísimas, rotundidades de corpos, palpebrexares auténticos, ilusións novas...
Aínda que sei que, se agromasen en ti xiria e carromeiro, as azucenas xurdirían acesas e vivaces... Mais tamén son consciente... de que a hora límite... está a piques de chegar.

7 Comments:
xa pensei que nunca máis volveria escrever aqui un comentário... benvindas unha vez máis!
essa hora límite que só ti logras percibir...está a piques pero nona podes explicar porque é inherente ao momento e indescriptible...moi bo...
Tsk, tsk...
co pouco que nos gustan aos homes os ultimátums... xD
O calor sofocante e pegañento escapa das túas crónicas blogueiras e enche o aire mesmo que respiramos... Un aire de chumbo que impón a preguiza dos lagartos, e as gañas de botar o día tendido nun curruncho de sombras e auga fría, coa mente en branco.
Abre de novo a túa caixiña e mete á calor dentro dela, ou. Senón, saca algún vento frío para que nos refresque... ;)
Bicos
M.
Where did you find it? Interesting read » » »
Looking for information and found it at this great site... » »
This is very interesting site... Internet connection spped test cisco ata www pay bill with cellular southnet picture tel isdn video capture cards dsl search engine optimization Ritalin and aggression Cosmetic laser center of waco Optometry student scholarships Vicodin dan 5513
Wonderful and informative web site. I used information from that site its great. »
Enviar um comentário
<< Home