Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor deste blog (Lauridinha) e para os blogueiros en xeral:
Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega. Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos). Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.
Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!
O surrealismo á Lugrís (fillo, que non pai, agraciado co Día das Letras) sempré é de recibo -e síntoma de bon gusto. Quixeramos percorrer os fondo oceánicos, perdernos nos mares de Coral -sen escafandras. A viaxe poético-mariña xa a patrocinaba Granell naquel surrealista libriño seu ('Isla, cofre mágico') que sacou a Voz non fai moito tempo...
Se este martes tivese portas, eu iría ver o mar. Permitídeme un pequeno momento-anécdota: Sempre que vexo un cadro de Lugrís lembro o famoso guía do Museo de Castrelos, en Vigo. Nunca o vistes en acción? É un homiño que fala en castelán agalegado e parece participar en todo o seu ser do surrealismo dalgún dos cadros que lle toca comentar. Recordo o tal home cando, falando a unha velocidade imposible e sen perder en ningún momento a seriedade, soltou algo así como "por cierto que el pintor Urbano Lugrís del que ahora hablamos falleció muy cerquita de aquí, en un banco del parque que tenemos al lado. Allí se sentó a descansar... y allí la espichó". Xa sei que esta historia non ten moito que ver, pero foi unha sucesión de lembranzas que me viñeron á cabeza e ás que non me dei resistido. Unha aperta.
onte puidenlle poñer cara ás dúas laurindinhas. agora arrepíntome de facelo, pero aínda me vai seguir gustando lervos a pesares de que sodes -ou eres- de carne e óso...
14 Comments:
e se cadra, poderías vir un pouquiño máis ao sur para coñecernos!!! Apertas!
...tamen North Carolina (fermoso o cadro de Lugris).
Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor deste blog (Lauridinha) e para os blogueiros en xeral:
Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega. Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos). Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.
Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!
Para calquera cousa: resaka06@gmail.com
O surrealismo á Lugrís (fillo, que non pai, agraciado co Día das Letras) sempré é de recibo -e síntoma de bon gusto.
Quixeramos percorrer os fondo oceánicos, perdernos nos mares de Coral -sen escafandras. A viaxe poético-mariña xa a patrocinaba Granell naquel surrealista libriño seu ('Isla, cofre mágico') que sacou a Voz non fai moito tempo...
A mín encantaríame ir ata o Brasil, algún día...
Unha aperta viaxeira.
:)
Se este martes tivese portas, eu iría ver o mar.
Permitídeme un pequeno momento-anécdota:
Sempre que vexo un cadro de Lugrís lembro o famoso guía do Museo de Castrelos, en Vigo. Nunca o vistes en acción? É un homiño que fala en castelán agalegado e parece participar en todo o seu ser do surrealismo dalgún dos cadros que lle toca comentar. Recordo o tal home cando, falando a unha velocidade imposible e sen perder en ningún momento a seriedade, soltou algo así como "por cierto que el pintor Urbano Lugrís del que ahora hablamos falleció muy cerquita de aquí, en un banco del parque que tenemos al lado. Allí se sentó a descansar... y allí la espichó". Xa sei que esta historia non ten moito que ver, pero foi unha sucesión de lembranzas que me viñeron á cabeza e ás que non me dei resistido. Unha aperta.
fantasmagóricas visións de lugris para uns desejos de esvaecemento polo sul da pobreça, ou polo norte da ledícia depende do polo dende que se mire...
estou um pouco sumido, mas isso passa. Bom fim de semana, aonde com toda a certeza, está bem mais quente que aqui em berlim
Laurindinha volta!!!.
Un beijo.
:)
Volta sim! espero que esteja tudo bem!
Está tudo bem, Bueno! Mas andamos algo atarefadas ultimamente; a ver se volvemos agora no verao...
Un saúdo!!
todos esperamos que volten, con barandas ou sen elas, un, outro ou (mellor ainda) os dous hemisférios das lauridinhas. a ver se no verao logo!
onte puidenlle poñer cara ás dúas laurindinhas. agora arrepíntome de facelo, pero aínda me vai seguir gustando lervos a pesares de que sodes -ou eres- de carne e óso...
lauridinha, long time no see. espero que esteja tudo bem contigo e que só estejas fazendo uma pausa do blog. bom domingo!
Enviar um comentário
<< Home