TRES ERAN TRES
Recollendo o testemuño de Edu (Moléculas Inestables), aquí vai o meu post:
1)Un libro: O amante de lady Chatterley, de D.H. Lawrence... Elixir un libro é cousa moi difícil, así que escollín o que máis me gustou dos que lin ultimamente. Chamoume moito a atención a visión do sexo que se presenta nesta novela, sobre todo tendo en conta que foi escrita a principios de século... E paréceme incrible que un autor masculino saiba describir tan ben a sexualidade feminina...
2)Un CD: Forever Changes, de Love.
3)Unha película: El desencanto, de Jaime Chávarri. Ando obsesionada ultimamente coa familia dos Panero... debe de ser que me encanta a decadencia...
Como non sei a cantas persoas hai que pasarlle o testemuño, invito a todos os que queirades a facelo...
1)Un libro: O amante de lady Chatterley, de D.H. Lawrence... Elixir un libro é cousa moi difícil, así que escollín o que máis me gustou dos que lin ultimamente. Chamoume moito a atención a visión do sexo que se presenta nesta novela, sobre todo tendo en conta que foi escrita a principios de século... E paréceme incrible que un autor masculino saiba describir tan ben a sexualidade feminina...
2)Un CD: Forever Changes, de Love.
3)Unha película: El desencanto, de Jaime Chávarri. Ando obsesionada ultimamente coa familia dos Panero... debe de ser que me encanta a decadencia...
Como non sei a cantas persoas hai que pasarlle o testemuño, invito a todos os que queirades a facelo...
14 Comments:
Como che pode gustar esa novela? É insulsa, falta de contido. Limítase a describir a forma da relación extramatrimonial dunha muller, sen o menos ápice de talento narrativo, sen tentar aprofundar na muller, na súa intelixencia, no seu carácter de muller que quere ser independente e dona do seu corpo. É unha obra ñoña na que a muller está presa da súa dependencia aos homes, sen capacidade para estar soa. Describir ben a súa sexualidade? É que algunha muller se pode sentir identificada nesa descrición sexista e homocéntrica? Por favor, non agardaba isto de vostede. Existen novelas mil veces mellores que este drama. Estou de seguro que vostede ten mellor gusto literario...
Interesante selección, eu tamén andiven a voltas cos Panero nos últimos meses...
(É unha lista de consenso ou só atribuible a media Laurindinha?)
E, por certo, alégrome de que postees de novo!
Que ben que volviches!!!!
Non concordo no libro nin no filme, pero o Forever Changes é un dos mellores da historia da música, non pasa unha semana sen que que o escoite, e levo así 20 anos.
E sí, había máis finalistas blogueiros no Xerais, miña benquerida lavanca.
Non, non é unha lista de consenso, Edu, xa bastante difícil é decidirse como para porme de acordo coa outra metade de Laurindinha... ;)
Sinto moito, Incitatus, que non concordemos na nosa visión do libro.
Saúdos para todos!
boa escolha. tradicional, mas boa. nao conheco o jaime, nao posso opinar!
Andan as dúas laurindinhas un pouco mestas, o dos lavancos era pista máis que suficiente.
benvida!!!! e tamén benvida á outra Laurindinha! botábavos en falta! Van as miñas: 1)Un libro: Boquitas Pintadas (Manuel Puig), calquera de Borges (en castelán) e O lapis do carpinteiro de Rivas, Sempre en Galiza e unha chea deles (en galego). 2)Un CD: un que me regalou o meu primo Lisardo e foi o primeiro que tiven de música galega (de Milladoiro era). 3)Unha película: as de Almodovar e Woody Allen (moitas pero non todas) e When Sally mets Harry.
esta noite (como esta noche): anatomía da melancolía + 40 cancións de amor prohibido (anunciado en tv) + violent cop.
ganiñas teño de que incitatus nos infecte co seu actual panteón presonal, a ver se é tan clínico coma co pobre dh... pasa que convencer é estéril (infecundo), así que aquí paz y después gloria... inci, cres que para ser falócrata cómpre tela moi grande?
Agora mesmo: Fuegos con limón, de Aramburu, Cuándo se cóme aquí, de Siniestro Total e Deep Inside Annie Sprinkle, de Annie Sprinkle.
Visca DH.
Sólo un hombre errando solo
solo a solas con Dios
un hombre solo en la calle
errando a solas con Dios
A min da novela gustoume que lle chamasen familiarmente John Thomas ao falo. Humanízao.
Forever Changes!!! n_n
Here are some links that I believe will be interested
I say briefly: Best! Useful information. Good job guys.
»
Your are Nice. And so is your site! Maybe you need some more pictures. Will return in the near future.
»
Enviar um comentário
<< Home