quinta-feira, julho 26, 2007

CHUVIA DE PO

Dor, tristeza, dor... e unha milgranda ardente no corazón... Alguén coñece o nome deste paxaro pardo que esvoaza no meu interior? E un sentimento de soidade óntica, cósmica, terrible... E empañar os vidros con desagradables pingas de pez... E córtanche as puntas dos dedos para que non poidas tocar o ceo coas xemas das túas mans... E enorme porta con chave de ogro... E derramar líquido escuro sobre a transparencia... E xacer esquecida no fondo daquel xardín... e embelesar ós paxaros pero morrer nas profundidades das fontes... e de repente espada... e morren os lirios de sede... E tragar corazón de ouro, peixe prateado... E as árbores frondosas fican nas terras afastadas... E sentir que o mundo cae sobre os teus pés... E ver a alegría e non poder recollela... E ollar como os soños se evaporan coma nubes de sal e de socato cae sobre ti un cartafol tan vello, e tan pesado e tan tedioso... E non soportar o fastío (oh, volve resplandor...) E ter que afastarse sen querelo... E cae unha terrible chuvia de po sobre a beleza, unha terrible chuvia de po...

3 Comments:

Blogger Torreira said...

Gostei srta

10:35 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Es femia reencarnada en Edgar Allan Poe, coma o gato negro feito corvo maullando versos arrebatadores.
Desgarrador!
abrazo de verán
Yoli ;-)

10:08 da manhã  
Blogger Ra said...

Abrumante...y qué bonito.
Bico, Laurindinha

2:22 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home