segunda-feira, julho 02, 2007

LUMINOSIDADE

Vertixe, resplandor, luminosidade, verticalidade... A pel acesa (só con que roces o meu ouvido)... Folerpas onde me deixo caer... E déixome ir... e vou esvarando cara a ti... outra vez... outra vez... Porque nacen flores brancas nos meus seos, porque escorregan as caracolas polo meu corpo na túa presenza... Porque as túas palabras xacen nas cuncas das miñas mans... e bebo delas, refréscome na súa auga... Porque os teus sorrisos son estrelas mariñas... Porque es a presenza turbadora, o revolver no fondo, o manancial fresquísimo, o cervo que remexe... Porque es a fantástica luminosidade de día resplandecente e belo... Porque es a felicidade intensa... a rapidez do torrente, o esvarar do río, o rexurdir de socato... Porque es elevarme ata as nubes e descender ós subterráneos... Porque ás veces penso se terás a miña vida na arca das túas mans delgadas, atraentes, lixeiras e tersas como bambús, resistentes e belas coma vimbios... Porque es un pouquiño meu, un anaquiño do meu eido, o fiúncho da mañá, o orballo da primavera... Porque morro e renazo, porque es a terra abrasadora, a humidade das brañas, as montañas sinuosas, o vieiro sen final... Porque devezo pola caricia da túa cara, a tersura dos teus cabelos, a lixeira humidade dos teus beizos (bolboretas abismais...)... Porque ansío a túa voz doce e aveludada, áspera e esguía... (que se arrastra) ... Porque preciso do teu espazo para abalarme no acougo... Porque cando me achegas a ti é elevarse de socato... Porque só á túa beira son quen de ollar este intenso resplandor...

7 Comments:

Blogger Tongzhi said...

Lindooooooooooooooooooo!

Bjs

7:13 da tarde  
Blogger X said...

Francamente fermoso e envexable.
Saúdos.

9:15 da tarde  
Blogger torredebabel said...

Luminoso como este blog.

12:33 da manhã  
Blogger Torreira said...

Re-Dios...aqui hai paixón!

12:46 da manhã  
Blogger FraVernero said...

E tanto que hai paixón! Podemos envexar á persoa que esperta tanto incendio e tanto lume no cor aceso dunha das Lauridinhas...

Seguramente, sentiríase afagado de ler isto. Anque seguramente, L llo fará entender dun xeito máis directo e menos virtual.

2:53 da tarde  
Blogger Moralla said...

Xa sabes de sobra que me encanta a túa sensualidade cando deslumbras coa túa poesía....
abrazo
Y ;-)

9:28 da manhã  
Blogger Marinha de Allegue said...

Suxerente e deslumbrante guapa...

Unha aperta.
;)

12:55 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home