O FRÍO

Deixando Carral, Vigo vólvese cidade e xorden esas figuras sempiternas que soportan o frío na esquina de Policarpo Sanz. Son figuras kaurismáticas e por iso dan pena (aínda que alguén pense que soportar penas sexa unha baixeza). Hoxe facía moooito frío e un deles tapábase cunha manta tremendo.
Príncipe, os acordeóns... o leste... os rapaces crean ambientes estragados (porque as cousas non debían ser así), e o vello entoa o violín... sempre cun sorriso xélido na boca.
E chego ao MARCO, e tamén me dan rabia moitas cousas...
Quería denunciarlle a Vigo a súa forma xeada de causarme terror... pero tamén quería reparar na anestésica lectura de Proust, da súa Combray en flor, e dos seus páramos abertos...
Grazas por aloumiñarme, señor “madeleneiro”... porque Vigo doe un gofre e mais un barquillo e medio.
5 Comments:
A friaxe de Vigo. Sempre que penso en Vigo penso nos contrastes: O Vigo urbano e o Vigo rural (Coia, Berbés, Sárdoma, Lavadores. De feito velaí o seu étimo VICUS= aldea. Unha aldea que se virou polo progreso industrial nunha cidade. Unha metamorfose que mudou a fisonomía de Vigo, mais aínda conserva a esencia dunha aldea (falo en termos positivos). Un saudiño, Lauridinha.
E eu que boto de menos as friages de Vigo dende a orilha mediterránea...ver pra crer! Prous ajuda sempre!
Feliz Natal e um ótimo ano novo!
Passei para deixar dois beijinhos com votos de Boas Festas!
bon nadal, laurindinhas, e feliz 2009
Enviar um comentário
<< Home