sexta-feira, setembro 09, 2005

AMARNOS


Feira das mentiras, cadro escenográfico de ficción, a vida vólvenos uns soñadores. Anhelar, finxir, sobreactuar (algúns), volverse especial... Trazamos con esmero caracteres imposibles, elaboramos a migalla aparente... É a pose necesaria para ser alguén: un león, un bandoleiro, unha formiga, un economista facendoso, un príncipe encantado... a liña do trazo non tensa ben, vacila de cando en vez; no outro estrado a loucura, o delirante mundo dos habitantes do extra-radio, o puntilloso movemento cerebral..., a dor inexplicábel.
Deixar saír o grande anhelo, vivir o imprevisíbel, -eu dente de león, eu quero ser coma ti:
amar cando é posíbel amar de verdade-.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Moi bonito.
E vos, amades de verdade?

8:10 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Claro que amamos de verdade.

8:33 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Amar cando é posíbel amar de verdade: o amor ou a paixón verdadeira non sempre agroman (delicada, fermosa, fonda, turbadora, alegre como abella de verán,tormentosa en picoutos neboentos, atraente, cravo que non se descrava, delgada como asa de bolboreta...). Pero ás veces pensamos que é o normal, non o valoramos, ou estragámolo con sucidades que nos rodean.

9:04 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Agora fala a autora: amar cando é posíbel amar de verdade, cando non amamos de verdade non é preciso chamarlle amor, non debemos confundir os termos. Ser valente e non buscar falso amor para sobrevivir. Ser valente e amar cando se ama de verdade, xusto cando mete máis medo.
Eu amo de verdade, case sempre a quen me ama, non me gusta perder o tempo. C.

9:24 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home