sexta-feira, setembro 21, 2007

A TRIBUTE TO MR. AND MRS. BLUES

Blues is the teacher... punk is the preacher!
-Louie, Louie... pincho unha canción...?
A primavera húmida nas rúas... a ferruxe do bar tras as barricas e as paredes fumegando pelo de besta. Óese outro blues máis, mesmamente o que ha ficar para sempre envolto en carmín de cor vermella brillante: The Bellrays e o Navy bar.
E tratas de acomodar o cortinado vello mentres as cálidas luces comezan a descender(se)... É a pantalla do ordenador (luz rexa que esmorece... tan tenramente).
...e mil Chavelas presas a berros no cuarto alleo... sobre os libros nunca en orde... sobre o sofá de veludo e lique... sobre a propaganda de cinema francés...
(Apaguei con toda a rabia o cd de Billie Holiday).
E por que non me construín fumadora para imprimir fera melancolía a estas últimas horas de estío? Eternas horas. E os cactos eran hipersensibles. E o salitre cubrírame enteira... e abriras as contras da casa branquísima... "como La casa de verano y hortensias"...
E contemplar a camelia do xardín oculto, ollo-obxectivo... Na fase subterránea procurabamos libros no depósito, para ler veráns, malditos... e destruír tímidas primaveras ácidas.
E acabei sendo Sean Young en Blade Runner; tirando as vestiduras replicantes, as teas moldeables e plásticas... e aquelas fotografías que inxectaba en vea case tódolos días, os outros días que antes nacían...
(E as nubes que cubriron o verán botáronme tan fóra de xogo... a min: lady eye... azul, carmín... mais fóra de xogo).

4 Comments:

Blogger paideleo said...

Bonita despedida do verán...pero para o ano que vén hai máis.

11:57 da tarde  
Blogger Marinha de Allegue said...

Remata o verán e comeza o outono, cambio de tempada e cores, hábitos e horarios...

Beijossss
;)

5:22 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Fora de xogo, xamais.
Fermoso texto.

12:51 da tarde  
Blogger Tongzhi said...

Muito bonito
Beijos!

5:26 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home